Recursos Educativos

Vitaminas para o teu navegador

Necesitas mellorar a túa forma de traballar online? E se existise esa pequena diferenza que mejorára a túa experiencia e a túa produtividade? Non queremos cambiar a apriencia nin o tema, queremos axudarche cunha pequena selección de ferramentas que poderás engadir de maneira moi sinxela ao teu navegador.

Que é?

Probablemente xa saibas que é un navegador; un software que permite o acceso a Internet e cuxa funcionalidade básica é permitir visitar páxinas web e interactuar nelas.

Os navegadores máis utilizados do mundo son Explorer, Opera, Safari, Firefox e Chrome. Hoxe, queremos cambiar as regras, queremos dar a coñecer diferentes complementos e extensións para mellorar a súa funcionalidade, personalizar as túas necesidades e mellorar a túa produtividade e eficacia como docente.

Para sacarlle todo o partido é importante saber que existen miles de extensións e complementos no ámbito educativo. Mellorar as posibilidades do teu navegador levounos a repasar as tendas de complementos e a seleccionar algúns dos máis interesantes. Imos instalar de maneira realmente sinxela e a compartir contigo como multiplican as posibilidades.

  • Nimbus: capturas de pantalla que permiten a edición do texto
  • Screencastify: capturas de pantalla en vídeo
  • Docusign: edición de documentos (inserción de elementos de forma sinxela)
  • Mailtrack: confirmación de lectura do e-mail
  • RAE: dicionario da Real Academia da Lingua que che permite ver significados de palabras ou sinónimos con só seleccionalas.

A continuación compartimos un videotutorial no que explicamos como instalar estas funcionalidades para o navegador.