Recursos Educativos

Unha imaxe ou mil palabras

Unha imaxe ou mil palabras

É moi probable que a primeira idea que che veña á mente se escoitas a palabra Comenius, sexa o programa europeo dirixido aos centros de educación non universitaria para realizar intercambios e proxectos conxuntos entre escolas de diferentes países. Pero o certo é que o nome de Camenius ou Jan Amos Komenský  é o nome dun pedagogo checo, en honra do cal se bautizou este programa. Comenius, entre outras das súas achegas á educación, destaca por escribir en 1658 o libro Orbis pictus, que se considera o primeiro libro ilustrado para a infancia.

Que é?

É moi probable que a primeira idea que che veña á mente se escoitas a palabra Comenius, sexa o programa europeo dirixido aos centros de educación non universitaria para realizar intercambios e proxectos conxuntos entre escolas de diferentes países. Pero o certo é que o nome de Camenius ou Jan Amos Komenský  é o nome dun pedagogo checo, en honra do cal se bautizou este programa. Comenius, entre outras das súas achegas á educación, destaca por escribir en 1658 o libro Orbis pictus, que se considera o primeiro libro ilustrado para a infancia.

Desde ese afastado momento no século XVII ata a actualidade, as imaxes incorporáronse de tal maneira nos contidos educativos que se podería dicir que xa ocupan un lugar predominante.

Nun estudo, do recentemente falecido William Glasser, sinalábase que as persoas lembran moito peor a información cando a len que cando a ven e que a información que se tarda máis en esquecer é a que se percibe de maneira combinada por diferentes vías. Por este motivo, cando se elaboran contidos educativos, débese procurar incorporar non só información por medio de textos que o alumnado deberá ler, senón tamén a través imaxes, gráficos, mapas e ilustracións que axuden a comprender mellor a información e permitan que esa información sexa lembrada durante máis tempo e máis fielmente.

Pero incluír imaxes dentro dos contidos educativos non só axuda a que se lembren mellor eses contidos, tamén pode ter outras utilidades:

  • Substituír á realidade cando non se ten a posibilidade de tela próxima, como ao utilizar imaxes de animais salvaxes para falar deles na escola, ou ao presentar a fotografía ou o debuxo dun personaxe sobre o que se fala en en o tema.
  • En moitos caso a imaxe que aparece nos contidos educativos complementa a información escrita, é dicir, é un simple acompañamento do texto e non presenta unha información adicional, pero fai máis atractiva a información que se quere transmitir. Por exemplo cando nun libro sobre educación viaria inclúense fotografías de tráfico por unha rúa.
  • As imaxes tamén poden aclarar a información que aparece no texto. Incluíndo imaxes de gráficas para mostrar a evolución da economía que se explicou no texto, ou dun plano cos movementos dos exércitos para ilustrar o desenvolvemento dunha batalla.
  • Outras veces as imaxes permiten explicar un procedemento, como as ilustracións que se poden ver nun manual de instrucións, ou cando se lle pide ao alumnado que sobre unha imaxe sinale os compoñentes dun aparello ou o funcionamento dunha máquina.

Habitualmente exponse a educación visual do alumnado como un contido específico dunha materia, pero se as ilustracións poden cumprir todas as funcións que se acaban de sinalar, será necesario analizar o contido visual dos recursos que se empregan en todas as materias e non só nas específicas de educación plástica e visual.

Esta análise dos contidos visuais debería realizarse tanto nos recursos que son adquiridos como nos que son elaborados polo propio profesorado.