Recursos Educativos

Un lenzo en branco para deseñar os teus proxectos (1/2)

A metodoloxía ABP (Aprendizaxe Baseada en Proxectos) proporciona moitos beneficios a quen a usa no ensino. Para que esta metodoloxía sexa eficiente, segundo os fins establecidos polo educador, é importante planificar ben cando utilizala. Con todo, hai unha falta de ferramentas específicas para axudar aos educadores na tarefa de planificar o seu ensino, especificamente orientada ao ABP.

 

Que é?

Como solución a este problema, este CANVAS, licenciado baixo creative commons, ofrécenos unha alternativa sinxela para iniciarnos no deseño do ABP.

Esta ferramenta consiste nun conxunto de bloques destinados a guiar a planificación deste enfoque por proxectos. Os resultados do traballo con esta simple ferramenta de Conecta13, autores do canvas, axudarannos a deseñar unha experiencia de aprendizaxe, así coma os indicadores da planificación e adopción do proxecto.

 

Oportunidades en el aula

Imos apoiarnos nesta ferramenta e imos construír en nove pasos un PROXECTO nun tempo aproximado de 1-2 horas. Tomamos como referencia a materia CIENCIAS DA TERRA E O MEDIO AMBIENTE que é unha MATERIA ESPECÍFICA OPCIONAL de 2º Bacharelato e relacionámolo co caso dunha empresa española dedicada á produción biotecnolóxica de material vexetal para o seu uso en sistemas de depuración sustentable de augas residuais. Queremos que os nosos alumnos aprendan a buscar solucións.

Aplicación

0.- BRAINSTORMING (CREATIVIDADE AO PODER)

Empezaremos cunha tormenta de ideas sobre as necesidades que temos. Ningunha idea é boa ou mala, todas achegan algo.

1. PRODUCTO FINAL (BASE DO PROXECTO):

Aínda que nos pareza estraño temos que soñar cun produto ou un servizo final que constitúe o obxectivo de produción do proxecto. No noso caso pensamos que sexan os propios alumnos os que configuren os contidos da súa materia sen utilizar os que nos brindan as editoriais.

Os alumnos crearán, editarán e publicarán un libro de texto como recurso educativo aberto para esta materia.

 

2. RELACIÓN CO CURRÍCULO

Debemos asegurarnos de que as fases que imos traballar corresponden aos contidos fixados pola administración, o que nos permite secuenciar pero non alterar os contidos.

O produto final nace da relación de contidos e habilidades necesarias que nos veñen dados pola administración para esta materia. Neste caso, a materia vén dada con 7 bloques de contido. Decidimos inter-relacionalos expondo 4 focos, que se corresponden aos seguintes bloques:

  • Bloque 3. Contaminación atmosférica.
  • Bloque 4. Contaminación das augas.
  • Bloque 5. A geosfera e riscos xeolóxicos.
  • Bloque 6. Circulación de materia e enerxía na biosfera.

Esta división permitiranos replicar un modelo de traballo con 4 escenarios horizontais (Auga, Aire, Terra e Lume) e traballalos verticalmente mediante os 3 seguintes bloques de maneira transversal:

  • Bloque 1. Medio ambiente e fontes de información ambiental dinámica.
  • Bloque 2. As capas fluídas.
  • Bloque 7. A xestión e desenvolvemento sustentable.

 

3. COMPETENCIAS CRAVE

As competencias son as capacidades para aplicar de forma integrada os contidos propios da materia co fin de lograr a realización dos retos, tarefas e subtareas que propoñeremos para a resolución dos distintos escenarios que expomos.

A efectos do proxecto, serán as seguintes:

A. Comunicación lingüística.

B. Competencia matemática e competencias básicas en ciencia e tecnoloxía.

C. Competencia dixital.

D. Aprender a aprender.

E. Competencias sociais e cívicas.

F. Sentido de iniciativa e espírito emprendedor.

G. Conciencia e expresións culturais.

 

4. ESTÁNDARES DE APRENDIZAXE

Os estándares avaliables son as especificacións dos criterios de avaliación que concretan o que o estudante debe comprender e saber facer en cada materia.

Recompilámolos no seguinte documento:

 

5. ACTIVIDADES/ TAREFAS

En todo momento imos deseñar actividades nas que deberán poñer en práctica habilidades e coñecementos para poder medir as interaccións humanas cos medios ou contornas que expomos no proxecto. De maneira que deberán realizar unha descrición detallada do proceso que lles levou ao resultado analizando o funcionamento da propia natureza, os elementos de medición, os impactos ou os recursos empregados para conseguir mellorar a xestión do medio. Empezaremos usando recollidas de datos e variables para terminar construíndo os propios instrumentos de medición ou simulación que serán necesarios segundo se vaia incrementado o nivel de dificultade.

 

INTERACCIÓNS MEDIO / ACTIVIDADES HUMANAS / DESCRICIÓN FUNCIONAMENTO/ RECURSOS / MEDICIÓN DE IMPACTOS / MEDICIÓN DE RISCOS / XESTIÓN DO MEDIO

 

EXEMPLOS DE SIMULACIÓNS E PRÁCTICAS DE LABORATORIO

● A predición meteorolóxica.

● A enerxía solar como recurso.

● A intrusión mariña.

● A choiva aceda.

● O risco volcánico.

 

6. MÉTODOS DE AVALIACIÓN

Para traballar o apartado de avaliación primeiro fixamos os criterios de cualificación que, no noso caso, están rexidos polo departamento de Ciencias e son os seguintes:

  • Participación e actitude: 10%
  • Probas escritas: 40%
  • Proxecto [nome do proxecto]: 50%

FERRAMENTAS DE AVALIACIÓN

  • Observación directa.
  • Coavaliación.
  • Heteroavaliación.
  • Tarefas.
  • Subtarefas.
  • Exames cooperativos.

 

Continúa no artículo "Un lenzo en branco para deseñar os teus proxectos (2/2)"