Recursos Educativos

Trello, unha ferramenta para organizar os teus proxectos educativos

TRELLO é unha aplicación multidispositivo e multiplataforma que permite xestionar proxectos de forma sinxela e moi visual. Intégrase ademais con moitas outras aplicacións, entre elas, as de Google dedicadas á educación. Esta aplicación ten a súa orixe no mundo empresarial e está baseada no método Kanban . Este método orixinalmente propón crear tarefas (o que se denominan “tarxetas” en Trello) para un proxecto e dividilas en 3 etapas: TO DO (por facer), DOING (facendo) e DOE (feito); desta maneira é sinxelo situar o estado no que se atopa cada tarefa e as persoas responsables. Por este motivo é unha boa ferramenta para a Aprendizaxe Baseada en Proxectos ( ABP).

Que é?

Trello é un xestor de proxectos online que nos permite organizarnos. Con Trello podes:

• Crear taboleiros e listas para organizar calquera proxecto no que estea a traballar.

• Utilizalos individualmente ou convidar a compañeiros, alumnos, pais a que colaboren

• Personalizar fluxos de traballo para distintos proxectos

• Engadir listas de tarefas pendentes en tarxetas

• Asignarse tarefas individuais e aos alumnos

• Realizar comentarios sobre os distintos elementos.

• Achegar arquivos de Google Drive e Dropbox

• Cargar fotos e vídeos

• Responder os comentarios desde Android Wear

• Mostrar tarxetas nunha vista de calendario co Power- Up Calendario

• Traballar sen conexión e os taboleiros sincronizaranse automaticamente cando se volva a conectar