Recursos Educativos

Rúbricas

Rúbricas

Dende fai algo máis dunha década comezou a xeneralizarse en todo o Estado español o uso do termo rúbrica para referirse a un sistema de avaliación no que se mostraban unha serie de indicadores do nivel de logro dunha determinada tarefa.

Que é?

Desde fai algo máis dunha década comezou a xeneralizarse en todo o Estado español o uso do termo rúbrica para referirse a un sistema de avaliación no que se mostraban unha serie de indicadores do nivel de logro dunha determinada tarefa.

O termo latino ruber significa vermello, e como os romanos empregaban tinta desa cor para escribir os títulos dalgúns documentos, comezou a empregarse o termo rúbrica para designar á firma ou etiqueta dun documento.

No ano 1977 na  Clasificación Internacional de Enfermidades empregouse este termo para designar as diferentes etiquetas para as enfermidades e en 1981 Grubb utilizou por primeira vez o termo rúbrica no ámbito educativo para referirse aos estándares que debían cumprir os evaluadores de Nova York para elaborar a Clasificación estandarizada de desenvolvemento.

Como podemos ver a orixe do seu uso educativo é bastante peculiar e quizais fose máis apropiado chamarlle guía de avaliación ou grella de avaliación, pero o peso da cultura americana fai que o termo rúbrica sexa o máis estendido na actualidade.

Na web pódense atopar múltiples servizos que permiten xerar rúbricas, atopar persoais para elaboralas, buscar rúbricas xa realizadas para que as poidas aplicar ás túas propias actividades ou publicar as que realizases a túa mesmo. Algúns destes servizos son, por exemplo,  Rubistar e Rubric Maker, este último en inglés.

Para deseñar unha rúbrica é preciso:

  1. Determinar o obxectivo ou a competencia que se desexa medir. Se, por exemplo, lle pediches ao teu alumnado que realice unha presentación dun traballo utilizando algún recurso multimedia como Impress e queres deseñar unha rúbrica para avaliar a presentación, terás que analizar en primeiro lugar, cal é o obxectivo que persegues con esta tarefa.
  2. Establecer as categorías nas que se pode dividir ese obxectivo ou competencia. Se un dos obxectivos que tes intención de conseguir coa tarefa é expresar con claridade as ideas, deberás establecer as categorías que poden indicar que unha persoa expresa con claridade as súas ideas, por exemplo: organizar os contidos que quere expresar, corrección na expresión oral, orixinalidade na maneira de presentar esas ideas, etc.
  3. Definir os niveis de adquisición que se poden establecer en cada unha desas categorías. En cada unha destas categorías podes indicar diferentes niveis de adquisición, por exemplo na organización, poderías establecer niveis que fosen desde que o contido está ben organizado usando títulos e apartados, ata que a organización non era clara nin lóxica.
  4. Ordenar os niveis indicativos do estándar de realización. Finalmente deberás organizar eses niveis nunha táboa na que a cada categoría asignaránselle 3, 4 ou 5 niveis de logro, cada un dos cales terá a súa puntuación correspondente.

Cando o alumnado realiza unha tarefa, tanto de maneira individual como en grupo, a rúbrica servirá tanto para orientar o traballo que deben realizar como para axudar ao profesorado para realizar unha avaliación máis obxectiva.