Recursos Educativos

Realidade Virtual e Realidade Aumentada para traballar o corpo humano

Presentámosvos unha boa forma de ensinar e aprender sobre o corpo humano: viaxar a través dos sistemas fisiolóxicos humanos por medio dunha aplicación interactiva: Curiscope. Con ela poñeremos en xogo a Realidade Híbrida (Realidade Aumentada + Realidade Virtual). Acompañamos a explicación cun vídeo tutorial de explicación de Curiscope.

Aplicación

Unha boa forma para ensinar e aprender sobre o corpo humano? Que tal cunha viaxe a través dos sistemas fisiolóxicos humanos? É posible mediante unha aplicación interactiva: Curiscope. Con ela poñeremos en xogo a Realidade Híbrida = Realidade Aumentada + Realidade Virtual. (Para aclarar ambos os conceptos podedes consultar a nosa entrada do blog: Realidade Aumentada e Realidade Virtual non son o mesmo.)

En canto á técnica, a experiencia de usuario desta ferramenta é moi sinxela, é divertida e pode traballarse tamén coa familia. Os alumnos sorpréndense cando poden ver que o corpo cobra vida e encántalles ver como poden percorrer o intestino, as arterias, os pulmóns, etc. Trátase dunha experiencia vivencial, unha ferramenta que permite ir un paso máis aló das imaxes anatómicas, as maquetas, os esquemas do corpo humano, ou o tradicional esqueleto do laboratorio.

A aplicación Curiscope funciona en conxunto cunha camiseta serigrafiada de realidade aumentada (de algodón e lavable como calquera outra camiseta), unha aplicación iOS ou Android e un dispositivo móbil con cámara para dar vida á aprendizaxe cunha experiencia que, seguramente, non se pareza a nada que usásemos anteriormente.

Os símbolos impresos na camiseta en combinación coa app desbloquean unha simulación detallada e realista da anatomía humana con só apuntar o teu dispositivo. Tamén funciona en modo selfie e permite a opción de usarse con lentes de VR.

Sen dúbida, un bo recurso educativo STEAM para achegar a aprendizaxe da ciencia e facela máis atractiva para os nosos alumnos.

Deixámosvos aquí o vídeo tutorial de Curiscope:

Un exemplo de uso de Curiscope nun proxecto de ciencias en Primaria é este de Fernando Villar, no colexio madrileño San Ramón y San Antonio e que foi exposto recentemente en SIMO Educación 2018.