Recursos Educativos

Procedementos: un tipo de contidos diferente

Procedementos: un tipo de contidos diferente

Durante boa parte da historia da educación o que se consideraba o "verdadeiro saber" era a acumulación dos coñecementos xa constituídos, e mesmo na actualidade os  medios de comunicación adoitan asociar unha boa educación coa acumulación de coñecementos e de maneira indirecta o bo sistema educativo co de transmisión de coñecementos.

Que é?

Durante boa parte da historia da educación o que se consideraba o "verdadeiro saber" era a acumulación dos coñecementos xa constituídos, e mesmo na actualidade os  medios de comunicación adoitan asociar unha boa educación coa acumulación de coñecementos e de maneira indirecta o bo sistema educativo co de transmisión de coñecementos.

Por este motivo, como sinala Cesar Coll, os contidos educativos gozaron de moi mala prensa nas propostas progresistas sobre educación, especialmente as baseadas nas teorías cognitivistas de Jean Piaget e a Escuela de Ginebra, que facían fincapé na creatividade, a aprendizaxe por descubrimento e o papel fundamental da actividade do alumnado na súa propia aprendizaxe.

Para axuntar estas dúas posturas aparentemente contrapostas, nos anos 1990 reformúlase o concepto de "contido educativo" facéndoo máis inclusivo, fálase do conxunto de saberes ou formas culturais cuxo aprendizaxe por parte do alumnado permite o seu desenvolvemento e socialización, é dicir que non soamente existen contidos transmitidos polo medio escolar, senón que tamén son necesarios toda unha serie de contidos que se transmiten no sistema social e familiar.

Pódese dicir que non é que os contidos tivesen un peso excesivo no modelo de escola tradicional, o que tiña un peso excesivo eran un tipo concreto de contidos: os contidos conceptuais, é dicir os datos, os feitos, os conceptos. Desta maneira a escola comeza a incorporar toda unha serie de contidos, que ata ese momento estaban fóra das institucións educativas: son os procedementos, as actitudes, os valores e as normas.

Pero ensinar un novo tipo de contidos implica tamén empregar novos sistemas para comprobar que se aprenderon. Así pódese ver, como para avaliar procedementos é necesario comprobar dúas circunstancias:

  • Que se coñecen as accións ou decisións que conforman o procedemento, así como a orde no que deben realizarse e en que condicións.
  • Que se usan e aplican eses coñecementos nas situacións requiridas.

Un instrumento de avaliación dun procedemento debería poder aplicarse en cada unha das situacións nas que se utiliza o procedemento, pero esa posibilidade non sempre é fácil reproducila nunha aula, ou pode ser moi custosa economicamente ou ocupar excesivo tempo. Por este motivo, ás veces, pode ser útil realizar simulacións que permitan reproducir na aula, a situación real na que deberá aplicarse o procedemento.

Para esta finalidade as tecnoloxías da información e a comunicación ofrecen un recurso moi interesante: Os simuladores educativos, que son programas ou servizos informáticos, que permiten a reprodución dunha situación que pode chegar a suceder na realidade.

Nunha das áreas onde pode ser máis útil o seu uso, é na Formación Profesional, polo que o Ministerio de Educación creou unha serie de simuladores dirixidos a diferentes familias profesionais. Pero non é o único ámbito onde podemos atopalos, tamén existen simuladores que pueden utilizarse en Primaria e en Secundaria.

Evidentemente, simulación non é experiencia pero estas e outras ferramentas dixitais poden resultar de gran axuda na avaliación de procedementos.