Recursos Educativos

Padlet, unha lousa colaborativa

Padlet, unha lousa colaborativa

Padlet, antes coñecido como Wallwisher, é unha plataforma dixital que ofrece a posibilidade de crear murais colaborativos. No terreo da escola, funciona como unha lousa colaborativa virtual na que profesor e alumnos poden traballar ao mesmo tempo, dentro dunha mesma contorna. Esta ferramenta abre un abanico de posibilidades para desenvolver diferentes recursos educativos.

Que é?

Padlet, antes coñecido como Wallwisher, é unha plataforma dixital que ofrece a posibilidade de crear murais colaborativos. No terreo da escola, funciona como unha lousa colaborativa virtual na que profesor e alumnos poden traballar ao mesmo tempo, dentro dunha mesma contorna. Esta ferramenta abre un abanico de posibilidades para desenvolver diferentes recursos educativos.

Os creadores desta web desenvolveron Padlet Backpack unha versión específica para o uso docente que xa se emprega en escolas de numerosas partes do mundo. Padlet converteuse nunha excelente opción para gardar e compartir diferente contido multimedia. Con só crear unha conta, podemos comezar a configurar un muro de actividades e facilitar aos alumnos a ligazón para que poidan acceder e empezar a publicar as súas achegas no formato que elixan: texto, audio, vídeo ou imaxe.

 

 

O uso da ferramenta é moi sinxelo e universal grazas á súa interface intuitiva e dispoñibilidade en 29 idiomas, á vez que inclusivo,  xa que posibilita traballar con outras persoas que usen a plataforma en todo o mundo. Facilita o traballo colaborativo ao permitir convidar a outros usuarios para participar nos proxectos, ademais de ofrecer varias opcións de control do tipo de acceso que dar a cada participante.

A seguridade que ofrece a plataforma foi clave no seu éxito como recurso educativo, posto que tanto a escola -a nivel global- como o profesor -a nivel particular-, son os responsables de xestionar os permisos outorgados e controlar a privacidade dos proxectos, podendo protexelos con contrasinal e mesmo ocultalos das procuras de Google.

Oportunidades en el aula
  • Creatividade e innovación. Padlet dispón das ferramentas necesarias para poder desenvolver actividades orixinais cos alumnos.
  • Comunicación e colaboración. Permite abordar cuestións e debates de grupo, expondo preguntas no muro que deberán contestar os alumnos.
  • Proactividade. Ofrece ao alumnado a posibilidade de propoñer e realizar actividades de axilidade mental. Fomenta a procura de información adecuada para argumentar con ideas propias.
  • Investigación e soltura na procura de información. Favorece a investigación e a recompilación de recursos que faciliten o estudo de unidades didácticas de diferentes materias.

 

  • Cidadáns dixitais. Axuda educar aos alumnos con recursos dixitais que achegan pautas responsables no uso da tecnoloxía e Internet. Permite aos estudantes comunicarse e colaborar nunha ambiente dixital.  Ademais, anímalles a participar activamente, postear e recibir feedback dos seus compañeiros.
Aplicación
  • Crear un muro de valores e normas comúns para a aula, fomentando o compañeirismo e o respecto entre compañeiros.
  • Recompilar material audiovisual acerca dun tema determinado ou unha unidade didáctica con maior carga teórica sobre a que se queira profundar.
  • Actividades de repaso: preguntando aos alumnos que lembran da clase do día anterior, o muro resultante debería resumir as necesidades que aínda teñen, ademais de servir como lugar ao que acudir para revisar contido de estudo.
  • Club de lectura na aula, onde os alumnos expoñan as súas críticas e recomendacións literarias. Esta proposta fomentará a lectura e empoderará as opinións dos alumnos. Sen esquecer motivar ao estudante á produción escrita.

 

  • Taboleiro de anuncios multimedia, onde compartir noticias e ideas para novos proxectos ou eventos.
Otros enlaces de interés
  • Esta ligazón dirixe directamente a Padlet Backpack, a versión da ferramenta para escolas, na que se puiden atopar toda a información relacionada, ademais das diferentes tarifas que ofrecen actualmente. Está dispoñible unha proba gratis durante 30 días: https://padlet.com/premium/backpack