Recursos Educativos

O traballo colaborativo

Hai unha historia que se repite habitualmente para falar do inmobilismo na educación, que sinala que, se unha persoa que vivise hai varios séculos visitase o mundo actual quedaría sorprendido polos cambios que se dan en todos os ámbitos, pero ao chegar á escola pareceríalle que nela as cousas seguían igual que séculos atrás.

Que é?

A historia é bonita, pero é incerta. Se analizamos minimamente o funcionamento dunha escola actual veremos que nada ten que ver coa escola do pasado. Deixando á marxe os avances tecnolóxicos que poden incluír nalgunhas escolas, computadores, canóns de proxección, lousas dixitais e outros instrumentos, podemos destacar algúns cambios significativos.

En primeiro lugar está a propia dirección das escolas. Xa non é o director ou a directora do centro o que decide as normas que regulan o funcionamento da escola, agora unha estrutura colexiada formada polas familias, o profesorado, o alumnado, o persoal non docente que presta os seus servizos no centro e unha representación do concello onde está a escola é a que toma esas decisións.

O traballo do profesorado tamén é actualmente distinto, en algúns centros escolares impártese formación a distancia, o que supón que o alumnado non está fisicamente presente no propio centro educativo no cal está a estudar. A colaboración con alumnas e alumnos doutros centros, xa non pasa pola correspondencia escolar que idease Freinet, agora pódese traballar en tempo real con persoas que están noutra localidade e mesmo noutros países con propostas como eTwining o Educared.

Pero tamén o propio desenvolvemento das sesións de clase é moi diferente. A relación entre o profesorado e o alumnado é distinta. As propostas de actividades non sempre as realiza o profesorado, en ocasións é o alumnado o que propón o tipo de actividade que se vai a realizar. As actividades que se realizan son tamén diferentes, reducíronse as actividades de memorización individual de datos e hoxe en día as actividades en grupo, os proxectos conxuntos de resolución de problemas, as propostas creativas e de resposta múltiple gañan terreo no desenvolvemento curricular.

Desta maneira podemos ver que quizais o elemento máis significativo do cambio escolar é o traballo colaborativo: colaboración na xestión escolar, colaboración no traballo do persoal docente e colaboración na actividade de aula.

 

Aquí unha boa presentación sobre a Aprendizaxe Cooperativa na aula: