Recursos Educativos

Espazos que xeran aprendizaxes

Espazos que xeran aprendizaxes

Vemos a moitos profesores preocupados por transformar as súas realidades. Son profesores que atoparon espazos onde compartir e colaborar, como nos encontros Inspiratics. Entre nós falamos de moitos aspectos relacionados coa educación, como poden ser as metodoloxías, as ferramentas, a pedagoxía adecuada, o redeseño de espazos educativos e, en xeral, a ciencia da Aprendizaxe. Por iso buscamos novos espazos de colaboración onde poidámonos atrever a pensar con paixón os novos modelos educativos, así como  visualizar as novas escolas do futuro cun único obxectivo: manter a esencia da aprendizaxe.

Que é?

Creatividade, diversión e colaboración son elementos crave para xerar novos espazos que, ao mesmo temo, xeren aprendizaxes; e quenes levan a cabo esta transformación para consolidar un novo modelo pedagóxico pregúntanse: «Temos algunha evidencia de que intervindo os espazos poderiamos mellorar a aprendizaxe, máis aló de crear unha escola “GUAY e COOL”?»

 

O estudo CLEVER CLASSROOMS dirixido por Petter Barrett da Universidade de Salford, recolleu datos de alumnos de escolas primarias, e concluíu que o deseño da aula e das clases pode impactar no progreso académico dun neno ata nun 25% de forma positiva ou negativa.

 

“Dende hai tempo coñécese o impacto ambiental dos edificios nas persoas, pero esta é a primeira vez que unha avaliación integral enlaza con éxito o impacto directo na aprendizaxe nas escolas.” 

- Petter Barrett -

 

Os resultados do impacto identificado é en realidade maior do que imaxinamos. Os membros do equipo da Universidade de Salford proporcionan a evidencia sólida de que as diferenzas no deseño físico dunha aula explican o 16%-20% da variación no progreso de aprendizaxe dos alumnos nos devanditos espazos. Este estudo foi levado a cabo ao longo de 12 anos e conlevou unha análise pormenorizada de 27 escolas de Educación Primaria en tres rexións distintas do Reino Unido, chegando a avaliar detalladamente 153 aulas e vinculando os datos de progreso de 3.766 alumnos ao longo de cada ano.

As variables medibles do estudo foron:

  • A idade, sexo e nivel de desempeño –rexistrado ao comezo e ao final dun curso académico– en matemáticas, lectura e escritura.
  • O deseño da aula das clases:
    • a orientación
    • a luz natural
    • o ruído
    • a temperatura
    • a calidade do aire
    • a cor

Esta avaliación incluíu tanto o deseño como o obxecto de uso da aula, e serviu para identificar o que constitúe unha contorna de aprendizaxe eficaz.

 

Desde a perspectiva da neurodidáctica, tamén Francisco Mora comenta a relación entre arquitectura e a predisposición para a aprendizaxe nas aulas deseñadas, tendo en conta tamén os parámetros mencionados anteriormente.

Como dicía Loris Malaguzzi, fundador da pedagoxía Reggio Emilia, os espazos flexibles, alegres e creativos estimulan a imaxinación, porque o espazo é un elemento máis da actividade docente: o chamado terceiro mestre. Para Malaguzzi existen tres mestres: o primeiro: os adultos (profesores, pais e familiares); o segundo: os iguais (os seus compañeiros e amigos); e o terceiro: a contorna (colexio, casa e cidade).

Siro López tamén apunta no seu libro ESENCIA que neste renacemento educativo necesitamos natureza, plantas, sinerxias, emocións e afectividade para a creación e a recreación que xere pensamento crítico. Educar nos espazos versátiles, alegres e que resulten divertidos estimula a imaxinación e a creatividade e así o facemos en infantil, pero esquecémolo en secundaria: non hai cor, non hai música, non hai estética… Xeramos conflito? Xeramos desigualdade? Que escolas queremos? Que concepto de mundo, de alumno, de educación temos?

Aplicación

Un instrumento imprescindible para a aprendizaxe é o ambiente de creatividade que se xera cando os nenos poden circular libremente polas aulas e corredores das escolas. Ir un paso máis aló: de crear ambientes a crear ambiomas ou "ecosistemas" que fomenten a aprendizaxe, a creatividade, a experimentación, a colaboración e a comunicación.

Espazos como os creados por Rosan Bosch pioneira no redeseño de espazos educativos conectando situacións de aprendizaxe coa contorna física onde cada un acompaña o espazo cun obxectivo específico de interacción:

  • A cova: espazo de traballo individual
  • O ágora: espazo de presentación
  • O lume de campamento: lugar para compartir
  • O coworking: traballar cun obxectivo de colaboración
  • O laboratorio: lugar onde experimentar e indagar
  • A cima da montaña: alí onde choven as ideas

Podemos enfocar tamén o cambio nas contornas dos centros educativos desde o punto de vista dos axentes implicados, ou enfocalo desde aulas deseñadas para o desenvolvemento da aprendizaxe no canto de para o ensino, e crear nelas novos espazos de interacción entre alumnos/profesores ou espazos para os pais. Ou tamén se podería diseminar a localización en múltiples equipos ICT, de pizarras dixitais ou pantallas que conflúan nunha conectividade real e en todo o centro.

Podemos buscar eses escuros recunchos do centro, iluminalos e redeseñalos para impartir aprendizaxes formal e informal.

Pode exporse tamén un cambio do mobiliario, introducindo elementos económicos e máis ergonómicos.

Podemos pintar todas as paredes, corredores e/ou zonas de tránsito con pintura plástica, ou buscar solucións que permitan o seu uso en calquera momento e con calquera agrupamento de alumnos. Podemos intervir nos descansillos das escaleiras xerando estacións de traballo de dous ou tres alumnos. A educación sae así das 4 paredes da aula e camiñará polas zonas comúns cara a –por exemplo– un patio con moitas novidades pintadas en chans e paredes.

Claro que todos estes cambios xeran ruído, porque ao relacionarnos xeramos ruído, pero tamén xeramos aprendizaxe. Como ben di Siro López, “Cambiar non é cuestión de diñeiro senón de mentalidade” porque o obxectivo non é crear espazos bonitos, senón que contribúan ao cambio cara a unha aprendizaxe máis significativa e de calidade.

Otros enlaces de interés

 

 

 

Na galería de imaxes que atoparás a continuación podes ver exemplos nacionais e internacionais de espazos educativos que facilitan a aprendizaxe.

Queremos agradecer expresamente a Siro López algunhas das imaxes que nos cedeu do seu libro ESENCIA para ilustrar esta publicación.

Espacios que generan aprendizajes

Ágora  - Colegio Joyfe.- Espacios Maestros.jpg Aula - Escuela Publica Eleuterio Perez, La Vall d´Uixió, Castellón_2.jpg Aula - Escuela Publica Eleuterio Perez, La Vall d´Uixió, Castellón_3.jpg Aula - Escuela Publica Eleuterio Perez, La Vall d´Uixió, Castellón_4.jpg Aula - Escuela Publica Eleuterio Perez, La Vall d´Uixió, Castellón.jpg Aula LAB_Escuela publica de Käpylä_Helsinki_se combina alta tecnologia con materiales organicos.jp Bibioteca publica central Children´s Library, Edimburgo, Reino Unido.jpg CO working 2 - Colegio Mirasur -.jpg COworking - Colegio Mirasur.jpg Aula - Espacios Maestros - Escolapios Soria.png Espacio Chroma- Rosan Bosch _ Bornholm School DK.jpg biblioteca- Espacios Maestros - Colegio Agora internacional.jpg Espacio de recogimiento - RLiceo Europa Zgza- .png Aula de plástica- Espacios Maestros - Colegio Agora internacional.jpg Fuego de campamento - Espacios Maestros - Escolapios Soria 2.jpeg Espacio abierto y flexible_collegi Montserrat BCN.jpg Montaña - Espacios Maestros - Escolapios Soria.jpeg Instituto publico Orestad Gymnasium de Copenhague_2.jpg St Luke´s Catholic Collage, Australia. El propio alumnado acomoda el mobiliario.JPG Instituto publico Orestad Gymnasium de Copenhague.jpg Patio de The Yard, Edimburgo.jpg Trabajos del alumnado enmarcados con material de deshechos. Colegio Sant Josep Obrer, Palma de Mallo Patio del colegio Jesús María, Orihuela, Alicante.jpg