Recursos Educativos

Colaborando máis aló da aula

Colaborando máis aló da aula

Se a definición do traballo colaborativo é aquel no que un grupo de persoas suma os seus esforzos coa idea de conseguir unha meta común, quere dicir que os elementos que son necesarios considerar para realizar ese traballo colaborativo son:

  • As persoas que suman os esforzos.
  • A definición dunha meta común.
Que é?

Se a definición do traballo colaborativo é aquel no que un grupo de persoas suma os seus esforzos coa idea de conseguir unha meta común, quere dicir que os elementos que son necesarios considerar para realizar ese traballo colaborativo son:

  • As persoas que suman os esforzos.
  • A definición dunha meta común.

No ensino, esa meta común concrétase en conseguir o pleno desenvolvemento da personalidade e das capacidades das alumnas e os alumnos como se sinala nos fins da educación. Pero que persoas son as que suman os seus esforzos para conseguir esta meta? De maneira intuitiva poderiamos dicir que son o profesorado e o alumnado, pero é evidente que cunha concepción democrática do ensino, toda a sociedade participa do proceso educativo, por este motivo as leis educativas establecen como un dos principios da educación a participación e colaboración das familias e sinalan entre as funcións do profesorado a cooperación, información periódica e a orientación sobre o proceso educativo do alumnado.

A lexislación educativa tamén establece que é necesaria a colaboración das administracións locais para impulsar as actividades extraescolares e promover a relación entre a programación dos centros e a contorna socioeconómica en que estes desenvolven o seu labor.

E finalmente podemos ver como, fundamentalmente nas primeiras etapas educativas, a relevancia do persoal non docente no proceso educativo é especialmente significativa, de feito a cociña é o centro sobre o que se organiza o traballo en moitas escolas infantís.

Por todo o que se acaba de sinalar, o traballo colaborativo na escola, supera o propio ámbito didáctico e atende ademais a outros aspectos como a organización e xestión do centro, o establecemento de normas, o calendario e a entrega de actividades e probas, a comunicación coas familias, a organización de saídas escolares, etc.

Oportunidades en el aula

Para esta organización do traballo colaborativo das escolas as tecnoloxías da información e a comunicación poden prestar unha axuda fundamental. Algunhas das ferramentas que podes utilizar para organizar este traballo son Google Calendar e Whatsapp.

Se traballas nunha escola infantil e queres, por exemplo, realizar unha saída co alumnado e coa participación das familias, poderías empregar estas ferramentas para organizala e seguir esta proposta de actuación.

  1. Determina o servizo de comunicación que vas empregar.
  2. Considera o emprego de opcións gratuítas.
  3. Pescuda cantas persoas o utilízan xa e que posibilidades existen de que outras persoas o utilicen.
  4. Ofrece alternativas tradicionais ás ferramentas dixitais pois hai persoas que son remisas ao uso das tecnoloxías. Reparte fotocopias e mantén anuncios nos taboleiros informativos.
  5. Procura utilizar o mesmo servizo noutras actividades para habituar a todo o mundo ao seu uso.

Este mesmo esquema podes aplicalo para outros niveis educativos e en actividades diferentes, por exemplo:

  • Convocar reunións de titoría.
  • Establecer datas de entrevistas.
  • Informar das actividades que se desenvolven no centro.
  • Dar avisos e comunicacións puntuais.