Recursos Educativos

Carteis e murais

Carteis e murais

En 1916, durante unha batalla da I Guerra Mundial, un novo soldado de apenas 19 anos foi ferido gravemente o peito. As feridas afectáronlle os pulmóns e a súa actividade física quedou moi limitada e mesmo falar producíalle un gran cansazo. Catro anos máis tarde, e cando aínda as secuelas das súas feridas limitaban a súa capacidade para impartir clases maxistrais, obtivo unha praza de mestre e foi destinado a unha pequena aldea dos Alpes. Para poder superar as súas limitacións físicas e debido á influencia da pedagoxía da Escola Nova, comezou a deseñar unha serie de técnicas pedagóxicas nas que daba o protagonismo ao alumnado.

Que é?

En 1916, durante unha batalla da I Guerra Mundial, un novo soldado de apenas 19 anos foi ferido gravemente o peito. As feridas afectáronlle os pulmóns e a súa actividade física quedou moi limitada e mesmo falar producíalle un gran cansazo. Catro anos máis tarde, e cando aínda as secuelas das súas feridas limitaban a súa capacidade para impartir clases maxistrais, obtivo unha praza de mestre e foi destinado a unha pequena aldea dos Alpes. Para poder superar as súas limitacións físicas e debido á influencia da pedagoxía da Escola Nova, comezou a deseñar unha serie de técnicas pedagóxicas nas que daba o protagonismo ao alumnado. Este educador era Célestin Freinet e é o precursor do uso da imprenta escolar, da correspondencia entre centros, dos plans de traballo, das bibliotecas de aula e tamén do uso dos carteis ou murais escolares.En 1916, durante unha batalla da I Guerra Mundial, un novo soldado de apenas 19 anos foi ferido gravemente o peito. As feridas afectáronlle os pulmóns e a súa actividade física quedou moi limitada e mesmo falar producíalle un gran cansazo. Catro anos máis tarde, e cando aínda as secuelas das súas feridas limitaban a súa capacidade para impartir clases maxistrais, obtivo unha praza de mestre e foi destinado a unha pequena aldea dos Alpes. Para poder superar as súas limitacións físicas e debido á influencia da pedagoxía da Escola Nova, comezou a deseñar unha serie de técnicas pedagóxicas nas que daba o protagonismo ao alumnado. Este educador era Célestin Freinet e é o precursor do uso da imprenta escolar, da correspondencia entre centros, dos plans de traballo, das bibliotecas de aula e tamén do uso dos carteis ou murais escolares.

Os carteis e os murais que se poden ver nunha escola ou nunha aula infórmannos sobre a vida dese centro educativo, sobre os temas que máis interesan, sobre as materias máis dinámicas, de se traballan desde unha perspectiva colaborativa ou máis individual. Son a primeira impresión que recibimos do traballo escolar que se está desenvolvendo nunha escola.

Os murais e carteis son un potente recurso para o traballo na escola que reúne, entre outras, as seguintes características:

  • É unha actividade que se pode realizar tanto de maneira individual como en grupo.
  • O uso de imaxes e outros recursos favorece o interese e a motivación do alumnado.
  • O alumnado ten que implicarse activamente na construción da súa aprendizaxe.
  • Favorece o estudo de maneira lúdica e creativa.

Un mural serve para mostrar a información máis importante dun tema de maneira visualmente atractiva, é dicir son dúas os elementos relevantes dun mural ou un cartel escolar:

  • A síntese dos contidos educativos.
  • O deseño estético do cartel.

Por tanto para deseñar un cartel deberás seguir unha secuencia similar a esta:

  1. Establece grupos de 3 ó 4 persoas.
  2. Pídelle ao alumnado que anlice os contidos sobre os que queiras que realicen o cartel.
  3. Unha vez analizados deberán seleccionar as ideas máis relevantes que atopen.
  4. Agora é preciso organizalas en función dalgún criterio: cronolóxico, polo seu nivel de inclusión, pola súa localización xeográfica, etc.
  5. Tendo en conta a limitación de espazo do cartel, o seguinte paso que haberá que dar é sintetizar toda a información.

Pero un cartel ou un mural non é un resumo dun contido, é mostrar a información máis relevante dunha maneira visualmente atractiva e para iso é necesario considerar principios básicos do deseño gráfico no proceso de creación

  1. Elixe a forma do cartel. Cando se fan carteis para unha aula, habitualmente empréganse cartolinas ou folios para facelos, e iso condiciona a súa forma, pero sempre é posible cortar eses soportes para darlles unha forma diferente. O mesmo sucede cos formatos dixitais, en principio están condicionados polos tamaños e resolucións das pantallas, pero nada obriga a ocupala completamente ou a que o contido principal teña que estar na parte central.
  2. Combina as cores. Facer un mural é facer un deseño gráfico e deberían terse en conta as normas de combinacións de cores e
  3. Selecciona a tipografía. Os tipos de letras relaciónanse coa idea que queremos transmitir

Todo o que se sinalou é necesario telo en conta tanto se se deseña o cartel nun formato impreso ou con calquera da ferramentas dixitais que nos ofrece a rede.