Recursos Educativos

As competencias

As competencias

As competencias son un compoñente do currículo que aparece por primeira vez no ano 2006 coa aprobación da Lei Orgánica de Educación. Na actualidade, a nova  Lei Orgánica para a Mellora da Calidads Educativa define as competencias como as capacidades para aplicar de forma integrada os contidos propios de cada ensino e etapa educativa, co fin de lograr a realización adecuada de actividades e a resolución eficaz de problemas complexos.

Que é?

As competencias son un compoñente do currículo que aparece por primeira vez no ano 2006 coa aprobación da Lei Orgánica de Educación. Na actualidade, a nova  Lei Orgánica para a Mellora da Calidads Educativa define as competencias como as capacidades para aplicar de forma integrada os contidos propios de cada ensino e etapa educativa, co fin de lograr a realización adecuada de actividades e a resolución eficaz de problemas complexos.

No currículo básico da Educación Primaria, que acaba de aprobarse recentemente, sinálase que son 7 as competencias que forman parte do currículo: Comunicación lingüística, Competencia matemática e competencias básicas en ciencia e tecnoloxía, Competencia dixital, Aprender a aprender, Competencias sociais e cívicas, Sentido de iniciativa e espírito emprendedor e Conciencia e expresións culturais.

Para que se poidan adquirir eficazmente as competencias deben cumprirse unha serie de requisitos:

  • Que estean integradas de maneira efectiva no currículo.
  • Que se deseñen actividades de aprendizaxe integradoras.
  • Que nas aprendizaxes se combínen tanto habilidades prácticas, coñecementos, motivación, valores éticos, actitudes e emocións.
  • Que se mobilicen conxuntamente os elementos anteriores para lograr unha acción eficaz.
  • Que as tarefas educativas permitan ao alumnado avanzar cara aos resultados de aprendizaxe de máis dunha competencia ao mesmo tempo.
  • Que as aprendizaxes se poidan aplicar a unha diversidade de contextos académicos, sociais e profesionais.

Para avaliar este novo elemento do currículo é necesario que o alumnado poida mobilizar todos eses coñecementos e habilidades que posúe. Na rede, podemos atopar algúns recursos específicos que permiten a avaliación de competencias, como as Cazas do tesouro, as Miniquest e especialmente as WebQuest.

No ano 1995 Bernie Dodge, profesor de tecnoloxía educativa da Universidade de San Diego, crea a WebQuest, que é unha actividade de investigación na que a información coa que interactúan o alumnado provén total ou parcialmente de recursos da internet.

O feito de que as WQ estean vinculadas aos recursos que se poden localizar na rede provocou a aparición de diferentes servizos que ofrecen modelos xa realizados ou instrumentos para o deseño das túas propias WQ, por exemplo 1, 2, 3, tu webquest e Web Creator 2.

Os pasos que debes seguir para deseñar unha WQ son os seguintes:

  1. Escribe unha introdución que centre a temática do traballo.
  2. Realiza unha descrición da tarefa que lle vas a pedir ao alumnado.
  3. Explica o proceso que é necesario seguir para levala a cabo.
  4. Selecciona unha listaxe de recursos apropiados para facela.
  5. Indica de maneira clara como a vas a avaliar.
  6. Sinala unha conclusión que resuma tarefa a elaborar.