Recursos Educativos

Aprendendo a programar con Scratch

Aprendendo a programar con Scratch

Scratch é un programa informático libre creado polo Massachusetts Institute of Technology (MIT) e que permite aprender a programar. Está pensado especificamente para usalo entre os 8 e os 16 anos, aínda que en realidade non hai límite de idade para explorar as súas múltiples vantaxes e posibilidades. Ademais, para os máis pequenos (entre 5 e 7 anos aproximadamente) creouse Scratch Junior, dispoñible para tabletas.
Que é?

Scratch é un programa informático libre creado polo Massachusetts Institute of Technology (MIT) e que permite aprender a programar. Está pensado especificamente para usalo entre os 8 e os 16 anos, aínda que en realidade non hai límite de idade para explorar as súas múltiples vantaxes e posibilidades. Ademais, para os máis pequenos (entre 5 e 7 anos aproximadamente) creouse Scratch Junior, dispoñible para tabletas.

Scratch permite aprender a programar a través de bloques que, unidos e nunha secuencia adecuada, desencadean unha serie de accións. Isto permítenos crear historias animadas, contos, videoxogos, etc.

Este software está dispoñible en 40 idiomas, incluído el gallego, o que tamén permite utilizalo para a aprendizaxe doutras linguas. Pódese utilizar directamente online na páxina web de Scratch (scratch.mit.edu) e tamén offline (dispoñible para descargaen scratch.mit.edu/scratch2download) para utilizalo directamente no computador ou cando non se dispoña de conectividade, e ambos manteñen as mesmas funcionalidades. Ademais, na páxina web pódense visitar proxectos realizados por outras persoas, aprender como os fixeron e utilizalos para traballar con eles, así como compartir os creados por un mesmo. Sen dúbida, a comunidade de ScratchEd para docentes é moi activa e permite seguir aprendendo e colaborando con docentes de todo o mundo.

 

 

Oportunidades en el aula

Aprender a programar non busca formar programadores senón entender o mundo que nos rodea, educar en competencias e habilidades que o alumnado poida utilizar no seu futuro, así como motivar a aprendizaxe doutros coñecementos de maneira innovadorasuxestiva e, sobre todo, práctica.

Algunhas oportunidades e vantaxes de aprender a programar con Scratch na aula son:

  1. Adaptación metodolóxica: utilizar Scratch permite adecuarse a calquera metodoloxía que se utilice no centro ou aula, ben sexa aprendizaxe por proxectos, phenomenon based learningflipped classroomgamificación ou blended learning
  2. Aprendizaxe constructivista: a programación permite adaptar a aprendizaxe ás necesidades, ritmos e capacidades de cada persoa, onde o alumno aprende en por si e paso a paso. A exploración, investigación, ensaio e proba-erro é básico neste tipo de metodoloxías.
  3. Desenvolvemento da linguaxe: a creación a través de programación permite traballar as estruturas da linguaxe, non só como lingua de programación, senón extrapolándolo a outros “idiomas”.
  4. Adquisición de coñecementos matemáticos: a aprendizaxe con Scratch favorece aprender operacións matemáticas diversas, xa que se traballa con medidas, secuencias, etc.
  5. Medio para aprender outras materias: Scratch pode ser utilizado en proxectos de diversas materias, xa que as historias, animacións ou videoxogos poden versar sobre calquera temática. 
  6. Comunicación, trabajo en equipo: dependendo da organización do traballo na aula, Scratch favorece a discusión, debate, comunicación entre os integrantes dun equipo.
  7. Toma de decisións: a programación con Scratch permite aprender a tomar decisións de maneira continua, tanto individualmente como en equipo. É necesario decidir como unir os bloques, que imaxes utilizar, que queremos facer, etc.
  8. Arte e creatividade: o traballo de deseño é case implícito en Scratch ben utilizando imaxes predefinidas, ben propias, así como na creación das accións que se desexan.
  9. Competencia dixital: mencionámolo en múltiples ocasións, pero a competencia dixital é cada vez máis importante para que os estudantes aprendan do mundo no que viven e no que van traballar.
  10. Creación de portfolio e desenvolvemento de identidade dixital: os proxectos en Scratch son exportables, publicables e compartibles, o que permite dar a coñecer o traballo realizado e as habilidades adquiridas. Ademais, se se traballa online pódese aprender a desenvolver a identidade dixital do alumno ou alumna, xa que ha de crear unha conta na internet e aprender a utilizala, a relacionarse con outras persoas en liña, etc.

Que che pode ofrecer Scratch? Pensa en... que che pode ofrecer crear unha historia? e facer unha animación? e deseñar un videoxogo? Todo no que estás a pensar tamén é parte das oportunidades deste xeito de aprender a programar.

Aplicación

Para aplicalo cos teus alumnos primeiro debes coñecelo. Accede á web de Scratch e proba o programa, visita o que outros profesores fan e inspírache neles e nas súas actividades. Podes aprender paso a paso coa web de autoaprendizaje de Scratch Informática Creativa con Scratch de Código21.

Podes botar unha ollada ao traballo que realizaron con Scratch no proxecto “Barxilón no mar de latón” do IES as Barxas ou botar unha ollada aos proxectos de Secundaria que mencionamos nun post anterior.

O máis importante na aplicación de Scratch en educación é saber que obxectivos temos para guiar aos alumnos, xa que eles mesmos son os que van construír a súa propia aprendizaxe. Isto pode unirse cos obxectivos curriculares, así como competencias e capacidades. De feito, pode chegar a ser un proxecto de centro unindo o traballo realizado en diferentes cursos e materias. Por exemplo, os estudantes maiores poden realizar un conto cos personaxes que fixeron os medianos para que o vexan os pequenos; ou en ciencias poden traballar a información para unha campaña de reciclaxe para que en plástica realicen unha animación en Scratch para informar sobre como realizar unha separación correcta de residuos...

Deixa voar a túa imaxinación! Explora cos teus alumnos e veredes como Scratch pode axudarvos!

Otros enlaces de interés

Web Scratch.

Comunidade online ScratchEd.

Guías e tutoriales Ayuda sobre Scratch.

Web de autoaprendizaxe de Scratch Informática creativa con Scratch de Código21.