Recursos Educativos

A revolución silenciosa: Mindfulness na aula

É un proceso que podemos traballar os profesores, os alumnos e nos colexios que nos axuda achegando beneficios sobre a atención, o traballo coas nosas emocións, a adaptabilidade, a calma, a resiliencia e os valores.

Que é?

Desde hai poucos anos podemos ver experiencias e programas que traballan Mindfulness e podemos ver como se está empezando a traballar nalgúns colexios a atención plena en Educación. É un proceso que podemos traballar os profesores, os alumnos e nos colexios que nos axuda achegando beneficios sobre a atención, o traballo coas nosas emocións, a adaptabilidade, a calma, a resiliencia e os valores.

"Atención plena, unha das múltiples formas de meditación que se basea en centrar a mente no momento presente, é dicir, é unha conciencia que se desenvolve prestando unha atención concreta, sostida e deliberada sen xulgar as experiencias do aquí e do agora”- Kabat- Zinn, 2012.

As evidencias científicas sólidas que se levaron a cabo desde 1980 suxiren que o traballo da atención plena mellora a atención, o autocontrol, a capacidade de recuperación emocional, recuperación da adicción, a memoria e a resposta inmune. Velaquí un resumo dos beneficios de especial relevancia para os educadores:

  • En relación coa atención, fortalece o noso "músculo mental" por traer foco de novo onde o queremos, cando o queremos.
  • Axúdanos coa regulación das nosas emocións e axúdanos a recoñecer cando se producen, para entender a súa natureza, e para cambiar a forma en que respondemos a elas.
  • A toma de conciencia facilítanos tamén a posibilidade de adaptar os nosos patróns e permítenos cambiar gradualmente os comportamentos habituais.
  • A toma de conciencia dos nosos propios pensamentos, as emocións e os sentidos fan que podamos tamén traballar a nosa comprensión do que outras persoas están a experimentar e con iso traballamos tamén a educación en valores.
  • A toma de conciencia do noso propio corpo, a respiración e outras prácticas de atención plena para relaxar o corpo e a mente, axúdanos a atopar e dar acceso a un estado de tranquilidade independente ás circunstancias externas.

Con estes elementos é máis fácil ver as cousas de maneira obxectiva e reducir os altibaixos emocionais o que nos dá un maior equilibrio persoal.

Aplicación

Atréveste a crear unha aula consciente? dedica 15 minutos ao día para respirar, a parar e a tomar consciencia de nós mesmos, do presente. Crea ese espazo seguro onde os nosos alumnos poidan deixar fose todos os estímulos aos que están expostos. Pode ser o futuro da educación; unha revolución silenciosa.

Otros enlaces de interés

 

Detallamos tamén a continuación algúns títulos de libros achegadas por Carola García:

-Tranquilos y atentos como una rana de Eline Snel, Ed. Kairós (con CD en español) na liña do Programa MBSR (Mindfulness para el Estrés-ocho semanas- de la Universidad de Massachusetts) 

- Mindfulness para enseñar y aprender: estrategias prácticas para maestros y educadores de Deborah Schoeberlein. Ed. Neo Person, 2012 

- Juegos Mindfulness de Susan Kaiser Greenland. Ed. Gaia. Con moitos xogos para ensinar mindfulness. 

- La inteligencia emocional infantil y juvenil, de Linda Lantieri. Con exercicios diferenciados por idades: de 5 a 7 anos, de 8 a 11 y de 12 en adiante. Incluye dous CD co audio dos exercicios.