Recursos Educativos

5 aplicacións útiles para profesores

Os dispositivos móbiles, grazas ás aplicacións ( apps), son cada vez máis personalizables. Quen máis quen menos, todos descargamos aplicacións nos nosos dispositivos que nos resultan útiles para xestionar a nosa vida persoal e profesiona

A continuación enumeramos 5 aplicacións –das que nunca falaramos– que poden resultar moi útiles a profesores e mestres. Ben por tratarse de aplicacións para usar no día a día: como Idoceo ou Quizizz; ou ben para usar en ocasións puntuais: como Too Noisy, CamScanner ou Classroom Screen.

Aplicación

1) IDoceo: aplicación para iPad creada e pensada para profesores. Horarios, programacións, anotacións, fichas de alumnos, configuracións de aula, recursos (audio, vídeo, fotos...), etc. Como di Rosa Liarte “a navalla suíza” das aplicacións para profesores polo completa que é.

Aquí deixámosvos un completo titorial elaborado por Rosa Liarte (@rosaliarte) para configurar iDoceo.

Aprende a usar iDoceo 4 from Rosa Liarte Alcaine

 

2) CamScanner: é unha aplicación sinxela pero moi, moi útil. Fas unha foto co teu móbil a calquera documento e ao instante telo escaneado. Pódelo enviar por e-mail, subir a Dropbox ou compartir a través de calquera aplicación de mensaxería. E así nos evitamos ir a reprografía ou á sala de profesores a escanear documentos.

 

3) Quizizz: trátase dunha aplicación que permite avaliar xogando a través de concursos multixogador. É similar a Kahoot pero a diferenza principal está en que para participar no concurso os alumnos non necesitan rexistrarse, simplemente con meter un código accédese ao xogo/concurso lanzado polo profesor.

A aplicación permítenos crear cuestionarios online que os alumnos poden responder de tres maneiras:

  • Xogo en directo, a modo de concurso no que os alumnos responden de forma pública desde os seus dispositivos
    (do estilo de Kahoot).
  • Como deberes, onde os alumnos responden o cuestionario desde as súas casas e as respostas chéganlle ao profesor.
  • Como exame, onde os alumnos responden de forma individual.

Aquí podes ver un titorial:

Aínda que un dos manuais máis completos que atopamos sobre Quizizz, ademais de incluír posibles aplicacións, foi elaborado por David Ruiz (@dondavidruiz), mestre de primaria nun centro de Valladolid. Podes descagrar o manual aquí.

 

4) Too Noisy: imaxina que pos aos teus alumnos para traballar en clase, faise o silencio pero o murmurio vai subindo ata chegar (case) aos berros. Pois ben, con esta aplicación a subida de decibeis está solucionada. Estableces as marxes de son e soa unha alarma cando se exceden. ;)

Existe outra aplicación similar chamada Zero Noise Classroom, aplicación de Google Chrome que mide o nivel de ruído da aula mentres controla o tempo cun reloxo de conta regresiva.

 

5) Classroom Screen: non é exactamente unha aplicación, trátase máis ben dun fondo de escritorio con múltiples widgets útiles para a aula. Iconos sobre tipos de tarefas, temporizador, semáforo, selector de nome ao azar, etc. É ideal para traballos en equipo dentro da aula.


Ademais, consta dunha funcionalidade moi útil, chamada Exit Poll (icono de barras verdes e vermellas situado na parte inferior dereita da pantalla) a través da cal podes lanzar unha pregunta para que a contesten os alumnos. Pode usarse para avaliar o aprendido cunha actividade ou dinámica concretas e utilizadas en clase:

 

 

Seguro que algunha das 5 aplicacións aquí mencionadas poden axudarche para que o teu día a día na aula sexa máis levadío.

RECURSOS RELACIONADOS: