Recursos Educativos

10 ideas para aproveitar Instagram como oportunidade educativa

10 ideas para aproveitar Instagram como oportunidade educativa

Entre as TIC encontramos os medios sociais, onde Facebook, YouTube, Twitter e Instagram, son os máis utilizados polos españois de 14 a 17 anos, segundo o VI Estudio Anual de Redes Sociales de IAB Spain. De feito, xa o 60% dos adolescentes usa Instagram en España e é a súa terceira rede social preferida.

Que é?

Instagram é unha rede socialpropiedade de Facebook, que se utiliza dende unha aplicación móbil para compartir fotografías. Os usuarios fan unha foto, retócana con diversos filtros, inclúen un comentario acompañado de hashtags ou etiquetas e publícana, podendo compartila tamén noutras redes sociais. A app tamén permite realizar vídeos de ata 15 segundos que se comparten do mesmo xeito, aínda que non  teñen tanto éxito coma as fotografías entre os máis novos.

Os menores principalmente comparten selfies ou autofotos de si mesmos, ou usies, as autofotos grupais. Tenden a acompañalas de textos emocionais que conteñen todos os seus sentimientos sobre algo que viviron no día, e reciben "me gusta" e comentarios de todo o grupo de amigos. De feito, o ratio entre seguidores e "me gusta" por foto adoita ser moito máis alto que entre os adultos, pois eles non deixan  pasar de ver unha soa foto dos seus iguais. Así, Instagram é un espazo de socialización para eles. Comparten quen son os seus mellores amigos, as súas parellas e, en ocasións, a súa familia, sobre todo as súas irmás ou irmáns.

Aumentar a motivación e participación do alumnado é quizais unha das maiores vantaxes que posúe utilizar Instagram na aula. De feito, as vantaxes propias de usar el móbil pódense encontrar tamén no uso desta aplicación concreta, así como os retos que deben terse en conta.

Oportunidades en el aula

Na creatividade está o gusto e son moitas as posibilidades de utilizar esta ferramenta, polo que isto son só 10 ideas para aproveitar a actividade que xa realiza o alumnado en clase.

1. Inspiración: encontrar persoas e fotografías que inspiren o traballo a realizar en calquera materia de arte, tecnoloxía, literatura, etc. O buscador de Instagram permite encontrar imaxes e usuarios de xeito  doado ben por un tema concreto ou por nomes de personalidades.

2. Narrativa fotográfica: realizar proxectos de narración a través da fotografía. Pódese utilizar tanto para creacións novas en lingua ou plástica, coma para narrar un feito histórico que se estea a estudar.

3. Educación emocional: utilizar a expresión fotográfica en Instagram para representar unha emoción. Ademais, permite traballar a empatía ben dende descifrar as emocións dos demais compañeiros, ben dende a simple acción de preguntar antes de subir unha fotografía doutras persoas.

4. Seguridade online: aprender a través da publicación propia, e as doutros, os datos persoais que entrañan as fotografías e o modo de protexerse e protexer os demais, de mostrar só o que se desexa mostrar sendo conscientes da cantidade de información que se ofrece nunha imaxe. Igualmente, as opcións de compartir en redes sociais permite entender os conceptos de publicación e distribución de información.

5. Ilustrar un blog ou un proxecto dixital: o uso de Instagram permite engadir as imaxes compartidas a calquera espazo online.

6. Investigar lugares: as opcións do buscador de Instagram permiten que o alumnado poida buscar imaxes de lugares, sitios ou espazos dende diferentes perspectivas, con conceptos distintos, en datas ou en épocas do ano diversas, algo útil en ciencias, xeografía, etc.

7. Debate: en calquera materia ou proxecto é posible comezar un debate vendo unha fotografía publicada por un usuario da clase ou doutras persoas que se elixan. O debate pode facerse verbal, pero tamén pódese contraargumentar con fotografías que publique cada estudante dende o seu perfil e agrupándoas nun hashtag.

8. Diario de aula: utilizando unha conta de Instagram do grupo de estudantes ou da clase, pódese realizar un diario de clase fotográfico. Cada alumna ou alumno será o responsable do día para realizar o devandito traballo e servirá como recordatorio de actividades e mostra ao mundo exterior da aula. Isto, ademais, permitirá ser incluído nas memorias.

9. Coñecer a actualidade: Instagram é unha app cun modo de uso similar a Twitter. Isto facilita que se compartan moitas imaxes en directo, o que permite ao profesorado e ao alumnado trasladarse ao lugar dos feitos para entender e comprender unha noticia do momento.

10. Realizar titoriais: a posibilidade de publicar fotografías ordenadas no tempo permite realizar titoriais ou descricións paso a paso de como se realiza unha actividade.

EXTRA. Aprender ortografía: realizar buscas de erros ortográficos e corrixilos a través dos comentarios. Red Ballon creou os policías gramaticais en Twitter para aprender inglés, por que non o facer en Instagram e no noso propio idioma?

Aplicación

Ademais do uso de Instagram a través dunha actividade concreta na aula, é importante que tanto docentes coma estudantes compartan un espazo previo para concretar as normas de uso da rede social e  cómo aplicar determinados consellos de seguridade. Compartimos 5 consellos fundamentais:

  1. Pensa antes de publicar: todo o que publicas comunica información sobre ti. Diferenza entre intimidade (aquilo persoal ou único dunha persoa ou grupo de persoas) e privacidade (os diferentes niveis de acceso).
  2. Empatía: pregunta ou ponte no lugar do outro antes de publicar cualquera imaxe doutra persoa.
  3. Configuración da conta: elixe axeitadamente o nombre de usuario, a foto de perfil e a descrición. Dá só os datos necesarios e pensa se esa información quererías que a vise calquera persoa.
  4. Ortografía: coida a ortografía, tamén comunica sobre ti.
  5. Comparte sen obsesións: Instagram é xenial e pode sacar o mellor de ti, pero non te obsesiones: charla cos teus amigos, comparte fotografías con eles e divírtete, non sempre teñen que publicar a foto perfecta e/ou facer os mellores comentarios. 
Otros enlaces de interés

Estudo Menores de Edad y Conectividad Móvil en España. Protégeles, 2014 [pdf].

Estudo VI Estudio Anual de Redes Sociales. IAB Spain, 2015 [pdf]

Post 7 ideas  para aprovechar Instagram  como docente. TotemGuard. Meritxell Viñas

Post 10 tips para llevar Instagram al aula. Bean Thinking. Karla Camacho.

Post 10 ideas para usar Instagram en el aula. Lectura Lab.