Recursos Educativos

12 Setembro 2019

5 aplicacións útiles para profesores

Os dispositivos móbiles, grazas ás aplicacións ( apps), son cada vez máis personalizables. Quen máis quen menos, todos descargamos aplicacións nos nosos dispositivos que nos resultan útiles para xestionar a nosa vida persoal e profesiona

A continuación enumeramos 5 aplicacións –das que nunca falaramos– que poden resultar moi útiles a profesores e mestres. Ben por tratarse de aplicacións para usar no día a día: como Idoceo ou Quizizz; ou ben para usar en ocasións puntuais: como Too Noisy, CamScanner ou Classroom Screen.

17 Xullo 2017

Plickers, avaliación na aula a tempo real

Plickers é unha aplicación interactiva que permite ao profesorado obter en tempo real datos estatísticos do progreso de aprendizaxe dos seus alumnos. Tan fácil como lanzar unha pregunta ao aire, os alumnos sacan as suas tarxetas, e a aplicación móstrache os resultados.

23 Febreiro 2017

Como avaliamos o uso das TIC do noso alumnado?

Todo o profesorado avalía, avaliades... xa sexa de maneira oficial ou directamente sobre a práctica para adaptar as clases ás necesidades de cada estudante ou do grupo. Entón, por que non avaliar o uso das TIC do alumnado? Probablemente moitos de vós fagádelo. De feito, seguro que detectades que necesita cada persoa para usar as ferramentas e dispositivos TIC que se usan na aula. Con todo, quizá non o facemos explícito a pesar de que a competencia dixital é algo que todas e todos os estudantes deben adquirir ao seu paso pola educación obrigatoria.

21 Febreiro 2017

Socrative, unha ferramenta de participación na aula

Socrative é unha aplicación nada en 2010 no MIT, EEUU, da man dun profesor que decidiu utilizar os dispositivos móbiles na aula como soporte para as clases e non loitar por erradicalos das mans dos seus estudantes durante as súas horas lectivas.

16 Maio 2014
As competencias

As competencias

As competencias son un compoñente do currículo que aparece por primeira vez no ano 2006 coa aprobación da Lei Orgánica de Educación. Na actualidade, a nova  Lei Orgánica para a Mellora da Calidads Educativa define as competencias como as capacidades para aplicar de forma integrada os contidos propios de cada ensino e etapa educativa, co fin de lograr a realización adecuada de actividades e a resolución eficaz de problemas complexos.

7 Maio 2014
Rúbricas

Rúbricas

Dende fai algo máis dunha década comezou a xeneralizarse en todo o Estado español o uso do termo rúbrica para referirse a un sistema de avaliación no que se mostraban unha serie de indicadores do nivel de logro dunha determinada tarefa.

30 Abril 2014
Procedementos: un tipo de contidos diferente

Procedementos: un tipo de contidos diferente

Durante boa parte da historia da educación o que se consideraba o "verdadeiro saber" era a acumulación dos coñecementos xa constituídos, e mesmo na actualidade os  medios de comunicación adoitan asociar unha boa educación coa acumulación de coñecementos e de maneira indirecta o bo sistema educativo co de transmisión de coñecementos.

23 Abril 2014
Exames

Exames

Desde que apareceron na antiga China para dotar de obxectividade ao sistema de selección do funcionariado, os exames incorporáronse de tal maneira ao sistema educativo que, nalgúns casos, parece que fose a súa principal finalidade.
 

10 Abril 2014
Avaliación: que, como e cando avaliar

Avaliación: que, como e cando avaliar

Fai unhas décadas, cando en educación se escoitaba a palabra curriculum, o máis probable é que fose para referirse ao currículo vitae, a historia educativa e laboral dunha persoa. Pero progresivamente o termo currículo, ou currículo na súa forma castelanizada, foise incorporando ao vocabulario educativo para designar ao conxunto de respostas que se dan na educación ás preguntas de que, como e cando ensinar e que, como e cando avaliar.