Recursos Educativos

12 Setembro 2019

5 aplicacións útiles para profesores

Os dispositivos móbiles, grazas ás aplicacións ( apps), son cada vez máis personalizables. Quen máis quen menos, todos descargamos aplicacións nos nosos dispositivos que nos resultan útiles para xestionar a nosa vida persoal e profesiona

A continuación enumeramos 5 aplicacións –das que nunca falaramos– que poden resultar moi útiles a profesores e mestres. Ben por tratarse de aplicacións para usar no día a día: como Idoceo ou Quizizz; ou ben para usar en ocasións puntuais: como Too Noisy, CamScanner ou Classroom Screen.

10 Xuño 2019

Queres facer de Instagram unha ferramenta de aprendizaxe?

Se te chegaches a plantexar algunha oportunidade educativa co noso anterior post sobre Instagram, poida que agora sexa o momento de ir un paso máis aló.

4 Decembro 2018
Snapchat: a revolución adolescente de contido efémero serve para aprender?

Snapchat: a revolución adolescente de contido efémero serve para aprender?

Snapchat (www.snapchat.com) é unha aplicación de contido efémero, é decir, unha aplicación para smartphones que permite compartir imaxes e vídeos cos teus contactos que desaparecen nun máximo de 10 segundos.
17 Xullo 2017

Plickers, avaliación na aula a tempo real

Plickers é unha aplicación interactiva que permite ao profesorado obter en tempo real datos estatísticos do progreso de aprendizaxe dos seus alumnos. Tan fácil como lanzar unha pregunta ao aire, os alumnos sacan as suas tarxetas, e a aplicación móstrache os resultados.

2 Xuño 2017
10 ideas para aproveitar Instagram como oportunidade educativa

10 ideas para aproveitar Instagram como oportunidade educativa

Entre as TIC encontramos os medios sociais, onde Facebook, YouTube, Twitter e Instagram, son os máis utilizados polos españois de 14 a 17 anos, segundo o VI Estudio Anual de Redes Sociales de IAB Spain. De feito, xa o 60% dos adolescentes usa Instagram en España e é a súa terceira rede social preferida.

21 Febreiro 2017

Socrative, unha ferramenta de participación na aula

Socrative é unha aplicación nada en 2010 no MIT, EEUU, da man dun profesor que decidiu utilizar os dispositivos móbiles na aula como soporte para as clases e non loitar por erradicalos das mans dos seus estudantes durante as súas horas lectivas.

13 Novembro 2016
Blogs colaborativos en las aulas ¡Aprendiendo juntos!

Blogs colaborativos en las aulas ¡Aprendiendo juntos!

Utilizar el blog en el aula es algo cada vez más habitual para docentes y alumnos en cualquier centro educativo. El blog es un sitio web con noticias y actualizaciones en orden cronológico inverso. Tiende a ser personal o con un tono más desenfadado que el de las noticias convencionales, aunque hoy en día es habitual que tanto empresas como personas tengan su propio blog.
3 Maio 2016
Twitter: aprendizaxe a través de 140 caracteres

Twitter: aprendizaxe a través de 140 caracteres

Twitter é unha rede de microblogging que permite enviar e ler mensaxes de texto de 140 caracteres con imaxe, vídeo ou ligazóns (aínda que esta característica de mensaxes curtas pode que non dure moito tempo). É unha rede moi próxima á actualidade, xa que a súa fácil actualización e consulta desde teléfonos móbiles permite realizar seguimentos en directo a través de hashtags ou etiquetas, polo que é un espazo na internet moi utilizado por medios de comunicación, xornalistas, programas televisivos, organizadores de eventos, famosos, etc.

8 Xaneiro 2016
Remind: o Whatsapp específico das comunidades educativas

Remind: o Whatsapp específico das comunidades educativas

Remind é unha aplicación gratuíta de mensaxería instantánea específica para o ámbito educativo nada en 2011. Conta con máis de 2,5 millóns de usuarios docentes, o que leva alcanzar a máis de 33 millóns de persoas entre estudantes e nais e pais ou titores (un 66% máis en 2015 que en 2014); e con máis de 2000 millóns de mensaxes entregadas entre estes usuarios.
31 Agosto 2015
Colaboración e comunicación no centro educativo grazas a Google Apps for Education

Colaboración e comunicación no centro educativo grazas a Google Apps for Education

Google Apps for Education é a solución de Google para as comunicacións e traballo colaborador en Internet dos centros educativos. Nestes momentos, o Google educativo ofrece de xeito gratuíto e sen publicidade ferramentas de correo electrónico, calendario, chat e almacenamento. Se xa es usuario de Google coñecerás á perfección estes produtos como o correo electrónico Gmail, os calendarios de Google Calendar, o servizo de almacenamento Google Drive, os documentos colaboradores de Google Docs ou o chat integrado ata agora coñecido como Hangout e que pasará a chamarse Gchat.
8 Xullo 2015
Aplicacións de música na aula

Aplicacións de música na aula

O uso da música nas aulas non debería cinguirse unicamente á materia de música ou arte, senón que podería ser un elemento para aprender coñecementos curriculares en calquera área, ben sexa lingua, historia, tecnoloxía ou matemáticas.
18 Xuño 2015
Mensaxería instantánea na educación: xa chegou

Mensaxería instantánea na educación: xa chegou

O acceso ao teléfono móbil por parte dos menores, xa sexa en propiedade (70% aos 12 anos posúe teléfono móbil segundo Protégeles) ou en uso (de pais, nais, irmáns, amigos…), é xeneralizado. É unha realidade social que debemos ter en conta para integrar ou non o smartphone no ámbito educativo ben na aula ou fóra dela.
25 Novembro 2014
Coñecementos e competencias a través das redes sociais

Coñecementos e competencias a través das redes sociais

Os medios sociais chegaron para quedar e son utilizados pola maioría dos estudantes case a calquera idade. Segundo o último estudo sobre conectividade móbil de Protégeles, publicado con motivo do Día da Internet Segura o 11 de febreiro de 2014, o 30% dos nenos e nenas de 10 anos en España xa dispón de teléfono móbil, cifra que ascende ata o 70% aos 12 anos e ao 83% con 14 anos. Ademais, o 72% destes menores entre 11 e 14 anos acceden ás redes sociais.