Recursos Educativos

2 Xuño 2017
10 ideas para aproveitar Instagram como oportunidade educativa

10 ideas para aproveitar Instagram como oportunidade educativa

Entre as TIC encontramos os medios sociais, onde Facebook, YouTube, Twitter e Instagram, son os máis utilizados polos españois de 14 a 17 anos, segundo o VI Estudio Anual de Redes Sociales de IAB Spain. De feito, xa o 60% dos adolescentes usa Instagram en España e é a súa terceira rede social preferida.

15 Maio 2017

Canva, comunicación gráfica e deseño

Canva proporciona a profesores e estudantes unha nova e sinxela forma de deseñar. Con máis de 1 millón de recursos gráficos: fotos, iconos, ilustracións e deseños de todo tipo, permite adaptar gráficamente calquera traballo, presentación ou proxecto. En definitiva, é unha ferramenta que ensina a comunicar mellor a través da creación gráfica.

19 Xuño 2014
Carteis e murais

Carteis e murais

En 1916, durante unha batalla da I Guerra Mundial, un novo soldado de apenas 19 anos foi ferido gravemente o peito. As feridas afectáronlle os pulmóns e a súa actividade física quedou moi limitada e mesmo falar producíalle un gran cansazo. Catro anos máis tarde, e cando aínda as secuelas das súas feridas limitaban a súa capacidade para impartir clases maxistrais, obtivo unha praza de mestre e foi destinado a unha pequena aldea dos Alpes. Para poder superar as súas limitacións físicas e debido á influencia da pedagoxía da Escola Nova, comezou a deseñar unha serie de técnicas pedagóxicas nas que daba o protagonismo ao alumnado.

4 Xuño 2014
A infografía

A infografía

Christoph Scheiner era un astrónomo alemán que ao redor de 1611 descubriu que o Sol tiña unha serie de manchas, o cal poñía en dúbida a súa perfección. Como este tipo de opinións non eran fáciles de defender na súa época tardou un tempo en facer públicos os seus descubrimento, o que o levou a manter unha controversia con Galileo Galilei sobre quen dos dous foi o primeiro en observar estas manchas solares. En 1626 publica Rosa Ursina onde mostra nunha serie de gráficos os movementos das manchas solares así como parte dos instrumentos que empregara para a súa observación. Estes gráficos son considerados a primeira infografía da historia.

30 Maio 2014
Imaxes nos contidos educativos

Imaxes nos contidos educativos

Dende que en 1658 aparece o Orbis sensualium pictus de Comenio ata practicamente a metade do século XIX, o libro de texto non sufrirá cambios significativos, pero a mecanización do proceso de impresión e os avances tecnolóxicos que permiten a reprodución de ilustracións e fotografías supón unha transformación radical.

23 Maio 2014
Unha imaxe ou mil palabras

Unha imaxe ou mil palabras

É moi probable que a primeira idea que che veña á mente se escoitas a palabra Comenius, sexa o programa europeo dirixido aos centros de educación non universitaria para realizar intercambios e proxectos conxuntos entre escolas de diferentes países. Pero o certo é que o nome de Camenius ou Jan Amos Komenský  é o nome dun pedagogo checo, en honra do cal se bautizou este programa. Comenius, entre outras das súas achegas á educación, destaca por escribir en 1658 o libro Orbis pictus, que se considera o primeiro libro ilustrado para a infancia.