Recursos Educativos

29 Outubro 2019

Todo o que debes saber sobre a aprendizaxe adaptativa

A aprendizaxe adaptativa fomenta a autonomía e a motivación do alumnado, poñéndolle no centro da súa propia aprendizaxe e adaptando os contidos ao seu ritmo. E aínda que o termo popularizouse co uso da Intelixencia Artificial, o certo é que vén de lonxe, en parte, grazas á Teoría da Aprendizaxe Programada e a máquina do ensino do psicólogo Burrhus Frederic Skinner.

18 Outubro 2019
5 usos que xa ten a Intelixencia Artificial na aula

5 usos que xa ten a Intelixencia Artificial na aula

Aínda que moitos consideran a Intelixencia Artificial unha tecnoloxía propia do futuro, o certo é que xa se está empregando con éxito en distintos ámbitos, incluído o educativo. E para gozar dela non son necesarios complexos sistemas nin robots: basta cun computador e un programa informático.

12 Setembro 2019

5 aplicacións útiles para profesores

Os dispositivos móbiles, grazas ás aplicacións ( apps), son cada vez máis personalizables. Quen máis quen menos, todos descargamos aplicacións nos nosos dispositivos que nos resultan útiles para xestionar a nosa vida persoal e profesiona

A continuación enumeramos 5 aplicacións –das que nunca falaramos– que poden resultar moi útiles a profesores e mestres. Ben por tratarse de aplicacións para usar no día a día: como Idoceo ou Quizizz; ou ben para usar en ocasións puntuais: como Too Noisy, CamScanner ou Classroom Screen.

31 Xullo 2019

Vitaminas para o teu navegador

Necesitas mellorar a túa forma de traballar online? E se existise esa pequena diferenza que mejorára a túa experiencia e a túa produtividade? Non queremos cambiar a apriencia nin o tema, queremos axudarche cunha pequena selección de ferramentas que poderás engadir de maneira moi sinxela ao teu navegador.

16 Novembro 2018

Robótica educativa: máis aló de recursos e ferramentas.

Nas últimas décadas, son moitos os países que están a introducir a robótica na educación e converteuse nunha actividade de aprendizaxe interdisciplinar. Aplicando unha metodoloxía baseada en proxectos, ofrécenos aprendizaxes significativas independentemente dos niveis educativos nos que se aplica.

27 Novembro 2017

Evidencias de aprendizaxe e nivel de competencia dixital docente Palabras descoñecidasCopiar

No contexto actual debemos reforzar sen dúbida a adquisición, implementación e mellora da Competencia Dixital dos docentes porque estamos nun mundo dixitalizado e que se move xa por factores que se basean nesta dixitalización como o big data, machine learning ou a intelixencia artificial que aplicamos xa nas nosas vidas.

7 Novembro 2017

A caixa de ferramentas

A día de hoxe existen innumerables cursos, encontros e xornadas sobre innovación educativa á que acoden centos de docentes motivados, con ganas de dar o salto, críticos co sistema, participativos e dispostos

Que ocorre pois, coa práctica na aula?

20 Outubro 2017

Competencia dixital: vital para profesores e estudantes do século XXI

A competencia dixital é esencial para a aprendizaxe, o traballo e a participación activa na sociedade de hoxe. No ámbito da educación, tan importante como adquirir esta competencia é entendela desenvolvendo unha actitude positiva, crítica e realista cara ao uso da tecnoloxía entendendo os proles e os contras e respectando uns principios éticos tanto en profesores como en alumnos.

23 Febreiro 2017

Como avaliamos o uso das TIC do noso alumnado?

Todo o profesorado avalía, avaliades... xa sexa de maneira oficial ou directamente sobre a práctica para adaptar as clases ás necesidades de cada estudante ou do grupo. Entón, por que non avaliar o uso das TIC do alumnado? Probablemente moitos de vós fagádelo. De feito, seguro que detectades que necesita cada persoa para usar as ferramentas e dispositivos TIC que se usan na aula. Con todo, quizá non o facemos explícito a pesar de que a competencia dixital é algo que todas e todos os estudantes deben adquirir ao seu paso pola educación obrigatoria.

2 Xuño 2016
Como realizamos proxectos con TIC nas aulas de Primaria?

Como realizamos proxectos con TIC nas aulas de Primaria?

As Tecnoloxías da Información e a Comunicación en Primaria, do mesmo xeito que vimos con SecundariaInfantil ou FP, permiten traballar aspectos non só tecnolóxicos ou dixitais, senón a realización de proxectos baseados en coñecementos, competencias ou habilidades.

15 Marzo 2016
Proxectos TIC en ciclos de Formación Profesional

Proxectos TIC en ciclos de Formación Profesional

As Tecnoloxías da Información e a Comunicación son o día a día dos nosos estudantes de FP: tanto para o seu uso persoal como para as posibilidades que lles ofrece no seu campo de estudos técnicos ou profesionais.

26 Decembro 2015
¿Cómo usamos as TIC en Secundaria?

¿Cómo usamos as TIC en Secundaria?

A tecnoloxía pode facilitar a formación integral do alumnado en todas as etapas educativas, aínda que é certo que, especialmente en Secundaria, permite dar un salto maior de espectador a creador de tecnoloxía. A formación dixital e tecnolóxica desde a creación dos propios elementos TIC pode realizarse a través da programación, a robótica, a creatividade a través de fotografía, de elemento audiovisual ou de texto, do desenvolvemento de aplicacións e webs, etc.
22 Setembro 2015
Proxectos TIC no centro: estamos a levalos a cabo sen sabelo? Como detectalos?

Proxectos TIC no centro: estamos a levalos a cabo sen sabelo? Como detectalos?

Estás a traballar con tecnoloxía en clase, no curso ou no colexio? Utilizas unha metodoloxía pedagóxica que integra as TIC como ferramenta de aprendizaxe? Estás a preparar para este ano escolar e/ou os seguintes un proxecto TIC? Es un profesor innovador?
16 Febreiro 2015
Proxectos TIC dende Infantil

Proxectos TIC dende Infantil

Pizarras dixitais, computadores, tabletas... as nosas nenas e nenos viven rodeados de dispositivos na aula en todas as etapas escolares e, a maioría deles, conectados a Internet. Ademais, nas familias conviven con outros tantos que son prestados polas súas nais e pais como, por exemplo, os teléfonos móbiles. Isto fai que a inmersión TIC ademais de necesaria poida ser formativa para un uso seguro, con aproveitamento educativo ou de lecer e en prevención dos retos de ciberseguridade.
12 Febreiro 2014

Algo máis que esquemas. A TICs nos modelos de aprendizaxe

Lonxe quedaron xa as aplicacións das teorías conductistas aos sistemas de ensino dos países desenvolvidos.

Desde as teorías de Pavlov, Thorndike, Watson e Skinner entre outros, ata a aplicación do deseño por computador de estándares para ambientes de aprendizaxes (os coñecidos como SCORM en Estados Unidos). Todos, en pouco tempo, mostraron as súas debilidades ao non ser útiles para aprendizaxes complexas, nin para atender ás sutís diferenzas entre as persoas, nin para adaptarse ás necesidades cambiantes do ser humano.