Recursos Educativos

12 Setembro 2019

5 aplicacións útiles para profesores

Os dispositivos móbiles, grazas ás aplicacións ( apps), son cada vez máis personalizables. Quen máis quen menos, todos descargamos aplicacións nos nosos dispositivos que nos resultan útiles para xestionar a nosa vida persoal e profesiona

A continuación enumeramos 5 aplicacións –das que nunca falaramos– que poden resultar moi útiles a profesores e mestres. Ben por tratarse de aplicacións para usar no día a día: como Idoceo ou Quizizz; ou ben para usar en ocasións puntuais: como Too Noisy, CamScanner ou Classroom Screen.

27 Febreiro 2019

Padlet, unha lousa colaborativa

Padlet, antes coñecido como Wallwisher, é unha plataforma dixital que ofrece a posibilidade de crear murais colaborativos. No terreo da escola, funciona como unha lousa colaborativa virtual na que profesor e alumnos poden traballar ao mesmo tempo, dentro dunha mesma contorna. Esta ferramenta abre un abanico de posibilidades para desenvolver diferentes recursos educativos.

16 Xaneiro 2019

Comparativa de Aprendizaxes

Neste artigo imos lembrar e comparar unha serie de estratexias didácticas. Poden percibirse como similares, pero teñen diferenzas importantes. Analizamos os puntos crave para distinguilos, e imos lembrar tamén as catro grandes teorías da aprendizaxe onde se enmarca cada un deles como punto de partida.

15 Novembro 2017

6 pasos para deseñar un escape room educativo

Tan pronto como entramos á habitación, o director do xogo pecha a porta detrás de nós. Atoparemos múltiples pistas para levarnos á salvación, e temos só unha hora para atopalas e escapar. Este é o concepto básico dun escape room como alternativa de lecer dispoñible en calquera das nosas cidades.

19 Outubro 2017

Unha xirafa na aula. A neurodidáctica chega aos colexios

Desde fai uns poucos anos moitas cuestións que ata agora só intuíamos están a ser obxecto de estudo pola Neurociencia e aos poucos, están a darnos as claves de como aprende o noso cerebro; é agora, con datos na man, cando podemos mellorar aplicando o aprendido ao deseño das nosas clases.

24 Agosto 2017

Pensamento visual para aprender

O exceso de información actual co auxe da internet e de múltiples formatos dispoñibles para divulgala provocou que sintamos invadidos e sobrecargados de tal maneira que moitas veces non sabemos identificar aquela información que é veraz, que realmente nos interesa ou simplemente que necesitamos para os nosos obxectivos. 

O pensamento visual permitiranos filtrar, organizar e sintetizar esa información mellorando a nosa eficacia na aprendizaxe e a nosa produtividade na aula. 

O uso de formatos visuais como as infografías, mapas mentais ou debuxos facilitan o acceso directo á información, xa sintetizada e curada de contidos que promoven a atención cara aos mesmos e a retención a longo prazo. 

27 Abril 2017

Bases do coñecemento organizadas

A interrelación do coñecemento é clave para entender a totalidade da realidade. As bases do coñecemento organizado son instrumentos cognitivos que serven para organizar, clasificar e representar os coñecementos que os estudantes constrúen durante a aprendizaxe.

22 Xaneiro 2017

Emprender dende a escola: coñecemento ubicuo para aprender a vivir

Emprender é comezar unha empresa... unha empresa en sentido amplo: non só unha compañía de negocio, tamén pode ser unha acción social, un proxecto de lecer ou educativo. Aprender a emprender pode ser unha ferramenta didáctica que facilite adquirir diversos coñecementos curriculares, segundo a temática, capacidades e competencias, así como preparar ao alumnado para a súa vida futura tanto se decide crear o seu propio proxecto, coma se incorpórase a un proxecto xa creado.

13 Novembro 2016
Blogs colaborativos en las aulas ¡Aprendiendo juntos!

Blogs colaborativos en las aulas ¡Aprendiendo juntos!

Utilizar el blog en el aula es algo cada vez más habitual para docentes y alumnos en cualquier centro educativo. El blog es un sitio web con noticias y actualizaciones en orden cronológico inverso. Tiende a ser personal o con un tono más desenfadado que el de las noticias convencionales, aunque hoy en día es habitual que tanto empresas como personas tengan su propio blog.
12 Marzo 2015

Aprendizaxe-Servizo e TIC: educación tecnolóxica con compromiso social

ApS ou Aprendizaxe-Servizo é unha metodoloxía educativa que une o ensino ao compromiso social ou, como citan na Rede Española de Aprendizaxe-Servizo "É unha práctica educativa na cal rapaces e rapazas aprenden mentres actúan sobre necesidades reais do ámbito coa finalidade de melloralo".
3 Abril 2014
Profesorado en liña

Profesorado en liña

Lembras cando estudabas no colexio os elementos da comunicación? emisor-medio-receptor. Os grandes medios de comunicación de masas: xornais, televisións, cinema ou radio emitían información que era recibida polo público en xeral, nun sistema unidireccional. A posibilidade de que unha persoa individual puidese facer oír a súa voz máis aló do seu reducido núcleo de relacións persoais era moi improbable ou directamente imposible.

26 Marzo 2014
Colaborando máis aló da aula

Colaborando máis aló da aula

Se a definición do traballo colaborativo é aquel no que un grupo de persoas suma os seus esforzos coa idea de conseguir unha meta común, quere dicir que os elementos que son necesarios considerar para realizar ese traballo colaborativo son:

  • As persoas que suman os esforzos.
  • A definición dunha meta común.
20 Marzo 2014
Colaborando na aula

Colaborando na aula

Desde principios do século pasado as teorías pedagóxicas relacionadas coa Escuela Nueva sinalaban a importancia do traballo cooperativo na aula, pero non será ata os anos 1990 cando a lexislación educativa do Estado español, apoiada entre outros polos estudos de Vigotsky, inclúa entre os seus obxectivos a cooperación como unha conduta que que é necesario adquirir no ámbito escolar.

14 Marzo 2014

O traballo colaborativo

Hai unha historia que se repite habitualmente para falar do inmobilismo na educación, que sinala que, se unha persoa que vivise hai varios séculos visitase o mundo actual quedaría sorprendido polos cambios que se dan en todos os ámbitos, pero ao chegar á escola pareceríalle que nela as cousas seguían igual que séculos atrás.

12 Febreiro 2014

Algo máis que esquemas. A TICs nos modelos de aprendizaxe

Lonxe quedaron xa as aplicacións das teorías conductistas aos sistemas de ensino dos países desenvolvidos.

Desde as teorías de Pavlov, Thorndike, Watson e Skinner entre outros, ata a aplicación do deseño por computador de estándares para ambientes de aprendizaxes (os coñecidos como SCORM en Estados Unidos). Todos, en pouco tempo, mostraron as súas debilidades ao non ser útiles para aprendizaxes complexas, nin para atender ás sutís diferenzas entre as persoas, nin para adaptarse ás necesidades cambiantes do ser humano.