Recursos Educativos

19 Xuño 2017
Aspectos craves da Acción Tutorial

Aspectos craves da Acción Tutorial

É unha actividade enmarcada dentro da Orientación. A acción tutorial é un compoñente básico da actividade docente e educativa e parte esencial do desenvolvemento curricular segundo indican as leis educativas en España -desde a Lei Xeral de Educación (LGE, 1970) ata a actual lei vixente a Lei Orgánica da Mellora de Calidade Educativa (LOMCE, 2013)-. Todo profesor/a do centro educativo está implicado na acción tutorial. Os axentes educativos tamén participan na mesma.