XIV Encontro InspiraTICs - Vigo

Paisaxes e espazos de aprendizaxe - 14 de marzo de 2019

EDUCAR é definir espazos e contextos de aprendizaxe. Espazos físicos e contextos de aprendizaxe virtuais (espazos metafóricos). Do mesmo xeito que un paisaxista, o EDUCADOR define constantemente os contornos da súa zona de traballo: define quen entra no espazo, con que fin, cales son as normas, cales as dinámicas, as interaccións, as agrupacións, os tempos... O libro de texto é unha área particular de aprendizaxe. O EDUCADOR deseña e vive as experiencias da aprendizaxe.

Programar e traballar co currículo non é outra cousa que deseñar espazos de aprendizaxe para os nosos alumnos; así como tamén o é tomar decisións sobre os obxectivos de aprendizaxe, sobre as competencias para traballar, os contidos para mobilizar, as metodoloxías para empregar, as maneiras de avaliar e os agrupamientos entre alumnos.

  • Como programar as nosas materias desde o enfoque da personalización da aprendizaxe?
  • Como ser rigorosos programando e incluír actividades diversas, itinerarios personalizados e elementos que motiven ao alumno?
  • Que papel xoga a tecnoloxía nas aulas? Pode a tecnoloxía axudarnos a abrir as paredes das aulas?
  • Como podemos deseñar espazos físicos e virtuais para a aprendizaxe e a creatividade?
  • Que tipo de espazos demanda a sociedade da aprendizaxe? Como deseñar eses espazos para que respondan os retos educativos actuais?
  • Como deben ser as aulas para adecuarse á nova cultura da aprendizaxe? Cal debe ser a súa configuración? Quen debe deseñalas? Como deben estar distribuídas no centro educativo?
  • Son as aulas os únicos espazos de aprendizaxe dun centro educativo? Que outros espazos escolares poden converterse en espazos de aprendizaxe?

 

Os talleres deste encontro están expostos para experimentar, personalizar e deseñar modelos didácticos que nos axuden a programar itinerarios personalizados de aprendizaxe nos que se integren as intelixencias múltiples (Taller: Paisaxes de Aprendizaxe). E para reflexionar, crear e deseñar espazos para a nova sociedade da aprendizaxe (Taller: Espazos Educativos).

Os asistentes só poderán inscribirse nun dos talleres.

Os talleres serán impartidos por dous grandes profesionais da educación: Charo Fernández e Siro López. Tras os talleres teremos unha mesa redonda, dirixida e moderada por Carlos Magro, na que se expoñerán posibles dúbidas e recolleranse as principais aprendizaxes da xornada.

 

Non te perdas este XIV Encontro inspiraTICs para docentes de Galicia! Xa podes inscribirte a través do formulario que atoparás máis abaixo.

PONENTES

Charo Fernández
Charo Fernández ()
Colegio Salesianos de Atocha

Profesora de Tecnoloxía desde 1996. Involucrada en numerosas actividades relacionadas co uso das Tics en educación e a formación de profesores, participa de maneira activa na asociación Aulablog.

Siro López
Siro López ()
Artista y formador

Artista e formador. Especializado en creatividade, espazos educativos e comunicación. Conxuga a pintura, o deseño, a fotografía e as artes escénicas coa formación de docentes.  Autor de varios libros sobre creatividade, aprendizaxe e espazos educativos. 

MODERADORES

Carlos Magro
Carlos Magro ()
Asociación Educación Abierta

Vicepresidente da Asociación Educación Abierta. Consultor independente en innovación educativa. Escribe no blogue: carlosmagro.wordpress.com

Mónica Cantón de Celis
Mónica Cantón de Celis ()
Design for Change

CEO de Design for Change Global e Colaboradora Honorífica do Departamento de Didáctica Xeral, Específica e Teoría da Educación da Facultade de Educación da Universidade de León.

TALLERES

PAISAXES DE APRENDIZAXE - Charo Fernández.
PAISAXES DE APRENDIZAXE - Charo Fernández.

Como programar as nosas materias desde o enfoque da personalización da aprendizaxe? Como ser rigorosos programando? Como incluír actividades diversas, itinerarios personalizados e elementos que motiven ao alumno?

"Paisaxes de aprendizaxe", unha poderosa ferramenta de programación, permitiranos programar as nosas materias respondendo con eficacia ás cuestións anteriores, e integraremos novas formas de traballo na aula.

* Recoméndase a cada persoa inscrita neste taller que asista cun ordenador portátil ou tablet para un aproveitamento máis completo do mesmo.

DESEÑO DE ESPAZOS PARA A APRENDIZAXE E A CREATIVIDADE - Siro López.
DESEÑO DE ESPAZOS PARA A APRENDIZAXE E A CREATIVIDADE - Siro López.

Que papel desempeñan os espazos na aprendizaxe? Como podemos deseñar espazos físicos para a aprendizaxe e a creatividade? Como podemos deseñar novos contextos que respondan os retos educativos actuais?

Neste taller levaremos a cabo procesos participativos para o deseño de aulas creativas. Deseñaremos patios de recreo nos que estean presentes, as intelixencias múltiples con numerosas propostas de xogo libre.

Programa

 

15:30   Acreditacións

16:00   Benvida e presentación

16:05   Charlas de apertura sobre Paisaxes de Aprendizaxe e Espazos Educativos

16:35   Traslado a TALLERES:

  • 16:50 - 19:00  Taller Espazos - Siro López (con 15 min. descanso)
  • 16:50 - 19:00  Taller Paisaxes - Charo Fernández (con 15 min. descanso)

19:00   Mesa redonda para dúbidas e conclusións

19:30   Cóctel

 

 

O evento terá lugar en: 

PAZO DE CONGRESOS - AUDITORIO MAR DE VIGO

Av. De Beiramar, 59
36202 – Vigo
Pontevedra. España

Av. De Beiramar, 59
36202 Vigo (Pontevedra. España)

FORMULARIO DE INSCRICIÓN

Prazas limitadas. Inscríbete enchendo o formulario que atoparás a continuación: