XIII Encontro inspiraTICs

Unha experiencia de Co-Building Educativo - 25 de outubro

O decimoterceiro encontro Inspiratics reuniu a 120 docentes de toda Galicia para unha xornada que se celebrou en ExpoCoruña. A dinámica do evento estivo dirixida por tres facilitadores; Mónica Cantón, CEO de Design for Change; Carlos Magro, vicepresidente da Asociación Educación Aberta, e Juan Carlos Sánchez, experto en storytelling.

“Todas as escolas teñen a capacidade interna do cambio”. Con esta frase de Alma Harris arrincou a súa introdución á dinámica de hoxe Carlos Magro, relatando que ser docente é unha actividade complexa, e que o ensino é un traballo colaborativo. E é que a xornada de hoxe estivo inspirada no cambio e, como lembrou Mónica Cantón “O cambio é unha viaxe, non un proxecto establecido”.

O primeiro reto para os profesores distribuídos en equipos de traballo de 8-9 persoas foi fabricar unha casa que voase con caixas, tesoiras, globos de helio e moita imaxinación, porque ademais debían estar todos eles dentro. “O ensino hoxe é un traballo colaborativo” lembrou Magro, e así man a man todos os participantes na xornada foron construíndo a súa motivación para o cambio metodolóxico, de fóra a dentro.

“Agora imos traballar coa cabeza en lugar de con as mans”, indicou Cantón, dando paso deste xeito á creación dunha experiencia de aprendizaxe interdisciplinar, na que todos os profesores das diferentes etapas educativas e materias debían colaborar para realizar un proxecto de grupo. Co- building e co- working para inspirar unha actividade que actuase como revulsivo en todos os centros educativos alí representados.

Unha escape room, unha cooperativa hortofrutícola, unha yincana para armar un esqueleto, un museo, un “ machismómetro” e ata un erasmus junior foron algunhas de idéalas nai que tiveron que armar metodológicamente os docentes. Ao mesmo tempo algúns deles adquiriron roles de inspectores doutros grupos para dinamizar a actividade.

A dinámica  SCAMPER foi a guía para esta tarefa na que deberon deixar por escrito, e expoñer en grupo, non só que debían facer senón cal sería o obxectivo curricular e en que espazos e con que ferramentas contarían para logralo. E é que “o ensino debe deixar de ser unha tarefa individual para pasar a ser un traballo colectivo”, concluíu Carlos Magro, á vez que el e Mónica procederon a premiar aos grupos que fixeron voar a súa casa.

Como punto e final cinco minutos de reflexión para ver que ía cambiar despois de participar nesta edición de InspiraTICs. STOP, START, CONTINUE, unha técnica que deu paso á avaliación da xornada e un anuncio emocionante. María José Arrojo, subdirectora da Fundación Santiago Fernández-Latorre, revelou que a Plataforma Proyecta pasaría a chamarse inspiraTICS e que o próximo encontro celebrarase ademais en Vigo. Un novo espazo que seguirá sendo punto de encontro para compartir, coñecerse e empoderarse, aloxado na nova web www.inspiratics.org

Para culminar unha xornada en grao sumo produtiva, Óscar Ortega, director da Fundación Amancio Ortega, e Francisco Sánchez, director da Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre, entregaron os diplomas aos premiados no V Concurso Proyecta Innovación, resolvido o pasado mes de xuño.

Rosa María Branco e Alonso Barreiro, do CEIP de Barouta (Ames), recolleron o primeiro premio polo seu proxecto “Embarouta- T:nó sostible”; Rubén Molinero e Conchi Orellana resultaron galardoados co 2ºPremio para o CEIP Balaídos de Vigo polo seu proxecto “Hortus Cultus 3.0”; e Ana Díaz e María Quintas, do CPR Compañía de María (A Coruña), subiron a recoller o terceiro premio polo seu proxecto “Realiz-Arte”. Os accésit foron para Javier Mur, do CPR A Inmaculada (Santiago) polo seu proxecto “ Curtas Inma”; Luís M. Pérez, do IES do Castro de Vigo polo seu proxecto “ Educagram”, e Fernando Moreno con Mónica Sanjurjo do CEIP Ponte dos Brozos polo seu proxecto “ Mastigar e dixerir un libro: a fraga Milmañas”.

A xornada terminou cunha multitudiaria fotografía de grupo e un animado cóctel onde os docentes participantes compartiron impresións e contactos. 

FACILITADORES

Mónica Cantón de Celis
Mónica Cantón de Celis ()
Design for Change

CEO de Design for Change Global e Colaboradora Honorífica do Departamento de Didáctica Xeral, Específica e Teoría da Educación da Facultade de Educación da Universidade de León.

Carlos Magro
Carlos Magro ()
Asociación Educación Abierta

Vicepresidente da Asociación Educación Abierta. Consultor independente en innovación educativa. Escribe no blogue: carlosmagro.wordpress.com

Juan Carlos Sánchez
Juan Carlos Sánchez

Licenciado en Ciencias políticas e máster en RRHH. É un reputado storyteller e traballou durante máis de 5 anos como gamificador, formador e facilitador para diversas empresas e corporacións.

Mellores momentos da xornada

My learning tools Inicio de la jornada Carlos Magro Auditorio Dinámica UP Montando casitas voladoras Up! Prototipos Trabajo en grupo SCAMPERS Descanso Decisiones Explicaciones Facilitadores Atentos Mónica, Luis y Javier recogiendo sus accésits Profesoras de la Compañía de María recogiendo el tercer premio Rosa y Alonso, profesores del CEIP de Barouta, recogiendo el primer premio Todos los profesores responsables de los proyectos premiados Foto final de grupo Cóctel final