XI Encontro InspiraTICs - 15 de marzo de 2018

Profesores, todos en pé!

Algo teñen as palabras “atención, emoción e xogo” para conseguir reunir a máis de 300 profesores de toda Galicia durante toda unha tarde nun evento que levaba ese nome. Hoxe tivo lugar o XI Encontro InspiraTICs, catro horas infestadas de traballo colaborativo e participativo, creatividade, movemento, emocións e retos.

Da man de Jesús C. Guillén, Carola García e Chema Lázaro, hoxe falouse e contáronse experiencias sobre neuroeducación, mindfulness e gamificación.

Jesús C. Guillén puxo en pé nun par de ocasións a todo o auditorio para que os profesores experimentasen o efecto positivo que ten o exercicio ou o simple movemento sobre o cerebro. E é que as nosas neuronas actívanse ante climas emocionais positivos na aula.

Desa forma demostrou a necesidade da educación emocional para mellorar o rendemento académico, e da arte, o xogo e o movemento como instrumentos para optimizala e lograr a atención do alumno. Ademais, conseguiremos que os alumnos teñan unha mentalidade de crecemento e obteñan mellores resultados valorando o seu esforzo, non a súa capacidade, explicou.

Como síntese da súa intervención, aconsellou dúas estratexias para a neuroeducación: expor bos proxectos e recorrer ao teatro ou a educación artística, que activan funcións executivas do cerebro como memorizar, ou saber en que momento intervir. Ambas as propostas esixen unha participación de todas as capacidades.

A capacidade de prestar atención témola todos, pero hai que cultivala. E ese é o obxectivo do mindfulness, do que falou Carola García. O obxectivo é vivir no presente, deliberadamente e sen xulgar. E iso como se consegue? Aprendendo, a través desa técnica, a ser conscientes do que hai na nosa mente. Ese facernos conscientes permitiranos decidir con liberdade sobre deixarnos levar ou non polo que a nosa mente interpreta e permitiranos ser máis creativos.

Aínda que o mindfulness xurdiu no ámbito da medicina, hoxe en día está moi presente no mundo da educación. A relatora convidou os profesores asistentes a coñecelo e practicalo porque ese vivir no presente terá consecuencias directas no noso labor docente.

E por último, por que gamificar a aula? Pois porque motiva, permite ao alumno fallar sen risco e personaliza, aumenta e contextualiza a aprendizaxe, entre outros motivos expostos por Chema Lázaro.

Coa gamificación, contounos, unha materia convértese nunha historia, os alumnos son os personaxes, as tarefas transfórmanse en retos e as notas son o premio final. E para mostralo, puxo a proba a 200 profesores en dúas quendas consecutivas: debían resolver ata seis probas en grupo para descifrar o enigma do cerebro. E conseguírono.

As pautas para deseñar un bo breakout son que teña narrativa, crear un contexto e xerar un determinado fluxo de xogo, que pode ser lineal ou non lineal. Tamén é importante identificar que tipo de xogadores son os nosos alumnos: socializadores, killers, exploradores ou triunfadores.

E por suposto, tamén é importante implicar a outros profesores do centro, porque unha gamificación funciona mellor se se dá esa circunstancia.

O obxectivo final da gamificación é motivar aos alumnos para que vivan experiencias gratificantes e transformadoras da aprendizaxe. Polo que respecta aos profesores, neste XI Encontro InspiraTICs xa o conseguiu.

Ata a próxima!

RELATORES

Jesús C. Guillén
Jesús C. Guillén ()
Universidad de Barcelona

Astrofísico pola Universidade de Barcelona, divulgador científico e profesor de secundaria. Actualmente investiga as aplicacións educativas das ciencias cognitivas. Autor do libro Neuroeducación na aula: Da teoría á práctica e do blogue Escuela con Cerebro

Chema Lázaro
Chema Lázaro ()
Colegio Leonardo Da Vinci

Mestre de Primaria, coordinador de innovación, e formador na Universidad Rey Juan Carlos. Experto en gamificación, flipped classroom, BrakeoutEDU, Escape Room Educativo e traballo cooperativo. Premio nacional de educación polo seu proxecto "Pizarras abiertas".

Carola García
Carola García ()
Mindfulness Vivendi

Formadora de profesores e profesora certificada especializada en Mindfulness por o Center for Mindfulness da Universidade de Massachusetts e Experta Profesional en Técnicas de Control do Estrés (UNED). Impartiu formación e talleres a profesores de centros público e privados de España. 

Mellores momentos

Acreditaciones Auditorio ¡Profesores, en pie! Ponentes Carola García y Mindfulness Público Ronda de preguntas Chema y la gamificación Taller de Neurodidáctica Jesús Guillén en el taller de Neuroeducación Resolviendo retos Algunos resolvieron los retos y lograron abrir los candados Taller de Escape Room Taller de Mondfulness Dinámicas del taller de Mindfulness Público Foto de familia de este XI Encuentro InspiraTICs