Que é InspiraTICs?
InspiraTICs é unha iniciativa educativa conxunta da Fundación Amancio Ortega e da Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre que responde ao labor comprometido de ambas as institucións co fomento da innovación no ámbito educativo e a mellora da calidade do ensino.
InspiraTICs, a través de distintas ferramentas e actividades, pon a disposición dos profesores recursos que faciliten o uso de novas metodoloxías educativas.
O obxectivo é impulsar experiencias educativas que aúnen aprendizaxe, creación e tecnoloxía.
Iniciativas e actividades
Co ánimo de fomentar a innovación nas aulas, desde InspiraTICs poñemos a disposición da comunidade escolar actividades e ferramentas que favorezan novas dinámicas nas aulas.
Se es profesor, InspiraTICs ofréceche, a través da súa plataforma:

Encontros InspiraTICs
Encontros trimestrais para profesores preuniversitarios, pensados para que "os teus alumnos atendan, entendan e aprendan"

Concursos InspiraTICs
Concurso InspiraTICs, dirixido a docentes preuniversitarios de Galicia, que queiran desenvolver nos seus centros proxectos que supoñan unha renovación da aprendizaxe dos seus alumnos. Certame Proyecta D+I, convocatoria nacional para docentes preuniversitarios que ensinen de forma diferente.

Recursos e inspiración
Na nosa web podes atopar recursos, artigos e videotutoriales realizados pola nosa rede de expertos en materia de tecnoloxía e educación.

Comunidade InspiraTICs
Participando nas nosas actividades ou concursos entrarás a formar parte da Comunidade InspiraTICs. Isto permitirache estar informado das actividades que organicemos, boletíns e outros recursos elaborados polos nosos colaboradores.
Máis información
Podes seguirnos nas nosas diferentes canles sociais e, se o prefires, suscribirte ao Boletín InspiraTICs, onde recibirás información directamente no teu e-mail.
InspiraTICs en Imaxes



























































