Concursos InspiraTICs

Concursos convocados por inspiraTICs para premiar a innovación na educación e fomentar a mellora da calidade do ensino nas aulas.

Estes concursos foron historicamente convocados por Proyecta (agora inspiraTICs) en dous ámbitos xeográficos diferentes: a nivel autonómico (Galicia) e a nivel nacional; e atendendo a distintos obxectivos.

A nivel autonómico

Os compromisos co fomento da innovación no ámbito educativo e coa mellora da calidade do ensino por parte da Fundación Amancio Ortega e da Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre deron lugar desde o ano 2013 ás sucesivas convocatorias do Concurso inspiraTICs.

Anteriormente denominado Proyecta Innovación, o Concurso inspiraTICs está dirixido a centros educativos de Galicia. Desde os seus inicios este concurso procurou servir como impulso para facer realidade proxectos educativos que traballen disciplinas e destrezas de forma innovadora e que sitúen aos alumnos como verdadeiros protagonistas da súa propia aprendizaxe.

A nivel nacional

A primeira edición (única ata a data) do Certame Proyecta D+I foi convocada no ano 2015 pola Fundación Amancio Ortega e pola Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre co obxectivo de premiar e difundir a innovación no labor docente en España. A edición 2015-2016 recibiu máis de 200 candidaturas, avaladas por un total de 1.200 nomeamentos.

Nesta sección ademais dos finalistas e gañadores, recollemos os vídeos que realizaron os participantes daquela edición para presentar a súa candidatura ao certame. A través deles ponse en valor o papel dos profesores e mestres á hora de renovar os modelos educativos e facer posible que o alumno sexa o centro da aprendizaxe.