II CONCURSO PROYECTA INNOVACIÓN
Tras a defensa dos 10 proxectos finalistas no III Encontro InspiraTICs o 28 de maio de 2015 e tomando como referencia os criterios de valoración que constan nas bases do certame, o xurado decidiu premiar a 6 dos proxectos coas seguintes contías:
- "MakerSchool", do IES de Meaño, con 8.000 €
- "Aula 2020", do IES David Buján, con 4.000 €.
- "Aprende coas mans!", do CPI Alcalde Xosé Pichel, con 2.000 €.
- "Asibot", do IESP Fontem Albei, con 2.000 €.
- "Gamificación e programación de videoxogos", do CEIP Ponte dos Brozos, con 2.000 €
- "Maristápolis", do Colexio Marista Cristo Rey, con 2.000 €.
Podes ampliar a información sobre os gañadores e a composición do xurado.
Dende a dirección da Plataforma Proyecta aproveitamos para facer chegar o noso agradecemento a todos os centros educativos que participaron no II Concurso Proyecta Innovación. Esperámosvos na próxima edición!

MakerSchool
IES de Meaño
Pontevedra
gañador
Proxecto que busca crear unha empresa solidaria no centro

Aula 2020
IES David Buján
Coruña (A)
gañador
Pretenden crear un novo concepto de aula orientada a comprender mellor o mundo

Aprende coas mans!
CPI Alcalde Xosé Pichel
Coruña (A)
gañador
Proxecto sobre robótica e programación

ASIBOT
IESP Fontem Albei
Lugo
gañador
Proxecto que pretende preparar aos seus alumnos para un futuro técnico

Gamificación y programación de videojuegos
CEIP Ponte dos Brozos
Coruña (A)
gañador
Proxecto centrado na gamificación como estratexia para motivar e incentivar ao alumnado

Maristápolis
Marista Cristo Rey
Coruña (A)
gañador
Proxecto orientado a ensinar matemáticas dunha forma diferente e divertida
PROXECTOS GAÑADORES E FINALISTAIS
Aquí podes acceder ao contido dos proxectos recoñecidos nesta edición:
MEMBROS DO XURADO
Javier Tourón
(@jtoufi)
Universidad Internacional de La Rioja
Vicerreitor de "Innovación y Desarrollo Educativo" na Universidade Internacional de La Rioja-UNIR, é Catedrático de "Métodos de Investigación y Diagnóstico" en Educación.
Silvia González Goñi
(@SilviaGongo)
Profesora de literatura y asesora
Profesora de Lengua y Literatura, asesora do Plan de lectura e escritura do Departamento de Educación do Goberno de Navarra, autora de blogs educativos e coordinadora de proxectos educativos.
Marcos Garasa
(@MGarasa)
Formador de formadores
Docente actualmente adicado á formación do profesorado, á consultoría educativa e á investigación de novas pedagoxías aplicadas ao m-larning e ao e-learning.