Manolo González

Manolo González

Profesional da área da comunicación audiovisual dende os anos 80 cunha destacada contribución ao desenrolo da industria audiovisual galega. Referente en Galicia sobre a relación entre cine e educación.

Profesor no IES Concepción Arenal de Ferrol e creador dun método propio para impartir as clases de historia xuntando as súas dúas grandes pasións: a historia e o cine, dende unha vertente didáctica. Para isto creou unha canle de Youtube chamada Cliphistoria na que sube recursos para a ensinanza da Historia de España a través de clips de films, ao mesmo tempo que reivindica o cine español e latinoamericano.

Colaborou no II Encontro InspiraTICs (5 marzo 2015). Ademais, formou parte do xurado do II Concurso Proyecta Innovación (28 maio 2015) enmarcado no III Encontro InspiraTICs.

Colaborou...

Xurado no II Concurso Proyecta Innovación

Ponente no II e III Encontro InspiraTICs

Anterior Seguinte