18 Xaneiro 2016

V Encontro inspiraTICs: a emoción de ensinar e de aprender

O vindeiro xoves 18 de febreiro, celebraremos unha nova edición destes encontros para profesores cuxo número de asistentes non deixou de incrementarse desde a súa creación. Neste V Encontro inspiraTICs, os contidos foron deseñados a partir das suxestións dos participantes en anteriores citas. Desde hoxe podedes inscribirvos no encontro e seleccionar as sesións ás que queirades asistir.

  • #InspiraTICs
  • #actualidad
  • #noticias
3 Novembro 2015

IV Encontro inspiraTICs + Entrega de Premios II Concurso Proyecta Innovación

O vindeiro xoves 19 de novembro celebraremos a cuarta edición dos encontros inspiraTICs. Un foro que se expón, igual que en anteriores edicións, como un punto de encontro para profesionais do ensino que comparten a inquietude por atopar novas vías para a docencia e a aprendizaxe.

 

  • #InspiraTICs
  • #actualidad
16 Outubro 2015

Proyecta estará presente no Salón de Tecnoloxía para o Ensino SIMO EDUCACIÓN 2015

Proyecta estará persente en SIMO EDUCACIÓN 2015, un evento de referencia para o mundo do ensino no que cada ano se presentan as últimas novidades tecnolóxicas relacionadas co ámbito docente.

O motivo de asistir a SIMO, onde se dan cita moitos docentes do noso país, non é outro que facer máis visibles as iniciativas de Proyecta, ademais dalgunha sorpresa que temos preparada para este ano. 

  • #noticias
  • #actualidad
14 Agosto 2015

Entrevista a Mª José Soto, profesora responsable do proxecto gañador do I Concurso Proyecta Innov

Con motivo do premio e da publicación do primeiro libro do proxecto educativo "Barxas emprende: creación dunha editorial", entrevistamos a Mª José Soto, xefa do departamento de Economía do centro e responsable do proxecto. 

  • #proyectainnovación
  • #docentesinnovadores
2 Xullo 2015

Barxilón, un personaxe 360º

O pasado 10 de xuño asistimos á presentación do libro "Barxilón no mar do latón" do IES ás Barxas de Moaña. O libro é a primeira publicación do proxecto gañador do noso I Concurso Proyecta Innovación: "Barxas emprende: creación dunha editorial". Desfrutamos dunh estupendo espectáculo ¡grazas e parabéns As Barxas!

  • #proyectoseducativos
  • #proyectainnovación
10 Xuño 2015

Gañadores do II Concurso Proyecta Innovación

Seis centros educativos resultaron gañadores na segunda edición del concurso Proyecta Innovación. Este concurso premia ideas e metodoloxías innovadoras que queran aplicarse na aula. Presentámosvos os proxectos ganadores e as contías coas que foron galardoados.

  • #proyectainnovación
  • #proyectoseducativos
28 Abril 2015

III Encontro inspiraTICs: Proxectos innovadores dende as aulas galegas

O III Encontro InspiraTICs, que se celebrará o 28 de maio, será o foro no que se expoñan e defendan os proxectos finalistas no II Concurso Proyecta Innovación. E este encontro supoñerá, ao mesmo tempo, unha oportunidade para todos os profesores que queiran asistir para: coñecer experiencias e iniciativas que se desenvolven nas aulas doutros centros educativos de Galicia, compartir a inspiración doutros docentes no traballo cos seus alumnos, e comprobar que tipo de iniciativas se poden presentar ao noso concurso para animarse a tomar parte en próximas edicións.

  • #InspiraTICs