5 Maio 2016

Finalistas do Certame Proyecta D+I

Os finalistas do Certame Proyecta D+I foron elixidos a partir de 213 candidaturas de profesores de todas as etapas educativas preuniversitarias en España. A elección foi difícil debido ao alto nivel das candidaturas presentadas. O perfil dos dez finalistas é representativo da heteroxeneidade das propostas recibidas. Aquí podedes ver aos dez finalistas. 

  • #Proyecta D+I
  • #docentesinnovadores
13 Abril 2016

Un comité de selección de primeira

O comité de selección, encargado de avaliar aos candidatos finalistas no Certame Proyecta D+I, está composto por cinco expertos relevantes en materia de Educación e Innovación: José Antonio Marina, María Acaso, Fernando Trujillo, Alejandro Tiana e Carmen Delia García-Fuentes.

  • #Proyecta D+I
  • #actualidad
  • #docentesinnovadores
8 Marzo 2016

MakerSchool, un proxecto emprendedor e solidario.

O IES de Meaño de Pontevedra, galardoado con 8.000€ no II Concurso Proyecta Innovación, comezou a desenrolar o seu proxecto "MakerSchool" que consiste na creación dunha empresa solidaria. César Fernández Riádigos, profesor responsable do proxecto, coméntanos os avances durante este primeiro trimestre.

  • #proyectainnovación
  • #proyectoseducativos
7 Marzo 2016

Aula 2020, unha aula conectada.

O proxecto "Aula 2020" do IES David Buján de Cambre, galardoado con 4.000€ no II Concurso Proyecta Innovación (2014-15), avanza coa súa aula conectada. José Viñas, profesor responsable do proxecto, cóntanos a súa evolución:

  • #proyectainnovación
  • #proyectoseducativos
6 Marzo 2016

Robótica, tecnoloxía, gamificación e matemáticas

Outros catro proxectos lograron un accésit de 2.000€ no II Concurso Proyecta Innovación: "Aprende coas máns" do CIP Alcalde Xosé Pichel de Coristanco, "ASIBOT" do IES Fontem Albei de Lugo, "Gamificación e programación de videoxogos" do CEIP Ponte dos Brozos y "Maristápolis" do Marista Cristo Rey. 

  • #proyectainnovación
  • #proyectoseducativos
23 Febreiro 2016

Día Internacional da internet Segura: xoga a túa parte para unha mellor Internet

Como en anos anteriores facémonos eco do Día Internacional da internet Segura ou Safer Internet Day. Este día busca concienciar e formar a toda a cidadanía sobre o bo uso da internet desde 2004, e pon especial foco nas e os menores.

  • #actualidad
  • #noticias
18 Xaneiro 2016

V Encontro inspiraTICs: a emoción de ensinar e de aprender

O vindeiro xoves 18 de febreiro, celebraremos unha nova edición destes encontros para profesores cuxo número de asistentes non deixou de incrementarse desde a súa creación. Neste V Encontro inspiraTICs, os contidos foron deseñados a partir das suxestións dos participantes en anteriores citas. Desde hoxe podedes inscribirvos no encontro e seleccionar as sesións ás que queirades asistir.

  • #InspiraTICs
  • #actualidad
  • #noticias