4 Xullo 2018

Un proxecto de Aprendizaxe Servizo (ApS) en FP

Tras un curso de intenso traballo os alumnos de Formación Profesional do Colegio Hogar Afundación finalizaron o seu proxecto “FP Sobre Ruedas” cun momento moi emotivo: entregando as cadeiras de rodas eléctricas, nas que tanto mimo puxeron para reformar e restaurar, a membros da Asociación de Dano Cerebral Alento.

  • #proyectainnovación
  • #docentesinnovadores
  • #proyectoseducativos
  • #actualidad
14 Xuño 2018
Xa temos gañadores no V Concurso Proyecta Innovación!

Xa temos gañadores no V Concurso Proyecta Innovación!

Os 6 proxectos finalistas defendéronse o pasado 24 de maio no XII encontro InspiraTICs. O xurado do certame, tomando como referencia os criterios de valoración que constan nas bases do concurso, emitiu o seu fallo e decidiu outorgar 3 grandes premios por unha contía conxunta de 13.780€. Ademais, as fundacións decidiron outorgar tres accésits, dotados con 1.200€ cada un.

  • #proyectainnovación
  • #proyectoseducativos
  • #docentesinnovadores
10 Maio 2018
O V Concurso Proyecta Innovación entra na súa recta final

O V Concurso Proyecta Innovación entra na súa recta final

Os seis proxectos finalistas no V Concurso Proyecta Innovación defenderanse o vindeiro xoves 24 de maio de 2018 no XII Encontro InspiraTICs ante o público asistente e o xurado do concurso.

21 Marzo 2018

Os Francotiradores de InspiraTICs

O xoves 15 de marzo celebramos en Expocoruña o undécimo encontro InspiraTICs ao que acudiron máis de 300 profesores de toda Galicia. Unha xornada teórico-práctica con 4 horas infestadas de traballo colaborativo e participativo: creatividade, movemento, emocións, diversión e retos de todo tipo.

8 Xaneiro 2018
Comprendendo a contorna mediante a inmersión paisaxística e a tecnoloxía

Comprendendo a contorna mediante a inmersión paisaxística e a tecnoloxía

O IES Urbano Lugrís de Malpica avanza co seu proxecto "Paisaxe vivida. 3D Galician Landscape", un traballo inmersivo e de relación coa contorna premiado no IV Concurso Proyecta Innovación.

Paisaxe vivida. 3D Galician Landscapes” é un proxecto STEAM de innovación educativa que pretende reconverter e modernizar mediante diferentes tecnoloxías os procesos de aprendizaxe dos contidos curriculares de materias como Bioloxía e Xeoloxía (Paisaxe, Xeomorfoloxía...) e Educación Plástica e Visual.

5 Xaneiro 2018
CRE.AP.CIÓN 4.0: Ningún neno hospitalizado sen atención educativa

CRE.AP.CIÓN 4.0: Ningún neno hospitalizado sen atención educativa

O CEIP de Viñagrande Deiro e o CEP Santa Tegra avanzan co seu proxecto "CRE.AP.CIÓN 4.0", un traballo social e colaborativo premiado no IV Concurso Proyecta Innovación.

No proxecto colaboran o CEIP de Viñagrande Deiro, o CEP Santa Tegra e o Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo. Trátase dun proxecto piloto en Galicia que procura que calquera alumno hospitalizado en idade de escolarización obrigatoria reciba a debida atención educativa.

  • #proyectainnovación
2 Xaneiro 2018

Tecnoloxía e programación ao servizo da Ciencia no CEIP Valle Inclán (O Grove)

O CEIP Valle Inclán do Grove avanza co seu proxecto "Mans de Terra", un traballo cooperativo premiado no IV Concurso Proyecta Innovación.

Mans de Terra”, un proxecto ecolóxico-tecnolóxico baseado na confianza e o traballo cooperativo, que durante este curso evolucionou a “Experimento VI: Ciencia e Tecnoloxía”, cun claro nexo de unión: o horto do centro e a metodoloxía empregada. Estudan fenómenos relacionados coas ciencias naturais, experimentan con diferentes cultivos e crean ferramentas - con Raspberry Pi- que faciliten o mantemento do seu horto e da súa estación meteorolóxica.

  • #proyectainnovación