9 Setembro 2019

Xoguemos a adiviñar

Queres saber a quen teremos aquí o 17 de outubro no XVI Encontro InspiraTICs? Esta vez non cho poñeremos fácil; propoñémosche un xogo divertido para pescudar quen será o relator e a temática sobre a que tratará o encontro. Anímaste a xogar?

30 Maio 2019
Radio, programación e andainas no CEIP de Barouta

Radio, programación e andainas no CEIP de Barouta

No CEIP de Barouta continúan " embaroutándose non sostible" grazas á posta en marcha dunha radio escolar na que difunden a importancia de reciclar, a creación dun videoxogo con Scratch no que os alumnos aprenden a diferenciar a utilidade de cada contedor, e andainas para coñecer a súa contorna natural e aprender a apreciar o patrimonio material e inmaterial.

2 Xaneiro 2019
Realiz-Arte: un espazo de reflexión para que o alumado poida transformar a súa contorna

Realiz-Arte: un espazo de reflexión para que o alumado poida transformar a súa contorna

O CPR Compañía de María da Coruña, en colaboración con outros 9 centros educativos galegos, comparten os seus avances durante este primeiro trimestre na construción da súa plataforma dixital colaborativa de debate.

“Realiz-Arte” un proxecto intercentro, galardoado co 3º premio no V Concurso Proxecta Innovación, trata de crear un espazo de reflexión e opinión no que os mozos poidan intercambiar a súa visión da contorna, para así poder actuar sobre ela e transformala. O obxectivo é promover a comunicación, a reflexión e o espírito crítico para, posteriormente, crear un produto artístico coas conclusións extraídas en cada tema de debate.

19 Decembro 2018

Traballar a Intelixencia naturalista a través do horto escolar e un receitario dixital

No CEIP Balaídos, un centro en pleno centro urbano de Vigo, buscan transmitir a importancia da natureza e da terra aos seus alumnos de infantil e primaria. Para iso crearon un horto escolar no terreo do centro, plantan froitas e verduras coas que logo traballan diferentes materiais nas aulas como; receitas, dicionarios de cociña, abecedario de froitas, murais etc. 

  • #InspiraTICs
  • #docentesinnovadores
  • #proyectoseducativos
18 Decembro 2018

CEIP de Barouta: un smart school centrado na sustentabilidade

O CEIP de Barouta, en Ames, traballa duro para converterse nun centro sustentable.

“ Embaróutate: nó sostible” un proxecto de centro, galardoado co 1º premio no V Concurso Proyecta Innovación, trata de encamiñar o seu centro cara a un smart school onde a sustentabilidade, ligada ás novas tecnoloxías, promovan aprendizaxes significativas entre os seus alumnos. 

9 Outubro 2018

Un proxecto STEAM na E.S.O para comprender a súa contorna máis próxima.

No IES Urbano Lugrís de Malpica de Bergantiños (A Coruña), durante o pasado curso 2017-2018 desenvolveron no centro (e fóra deste) o proxecto “ Paisaxe vivida. 3D Galician Landscapes”. Un proxecto unificador dos ensinos STEAM no que os alumnos de 1º a 4º ESO puideron comprender con maior profundidade  os elementos da paisaxe e da súa contorna máis próxima. Para iso, ademais de realizar saídas e excursións didácticas, tamén empregaron técnicas de realidade virtual, de impresión 3D e de realidade aumentada.

  • #proyectainnovación
  • #docentesinnovadores
27 Xullo 2018
Un proxecto intercentro para a posta en marcha dunha aula hospitalaria

Un proxecto intercentro para a posta en marcha dunha aula hospitalaria

No CEIP de Viñagrande Deiro, no CEP Santa Tegra, e na aula hospitalaria e a Unidade de Oncoloxía Pediátrica do Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo este pasado curso propuxéronse colaborar entre si levando a cabo o proxecto CRE.AP. CIÓN 4.0. Un ambicioso proxecto e cun gran compoñente tecnolóxico que persegue un claro obxectivo: que o alumnado hospitalizado en idade de escolarización obrigatoria recibise a debida atención educativa e sentar con iso un precedente para o desenvolvemento de plans de estudo adecuados aos alumnos en condicións de hospitalización.