Realiz-Arte: un espazo de reflexión para que o alumado poida transformar a súa contorna
2 Xaneiro 2019

Realiz-Arte: un espazo de reflexión para que o alumado poida transformar a súa contorna

Os integrantes do proxecto Realiz-Arte, cóntannos os avances do proxecto durante o primeiro trimestre deste curso 2018-2019:

 

O financiamento supuxo para nós unha motivación engadida para o desenvolvemento do noso proxecto. A partir dese momento, comezamos o noso plan de difusión para que tivese o máximo alcance.

O primeiro elemento necesario era contactar cos colexios para conseguir a maior colaboración posible, entre eles:

  • Colexio Compañía de María de Santiago de Compostela.
  • IES Agra do Orzán-1 da Coruña.
  • Colegio Las Esclavas da Coruña.
  • IES As Barxas, Moaña, Pontevedra.
  • Colexio Hogar de Sta. Margarita, A Coruña.
  • IES Eusebio da Guarda, A Coruña.
  • Colexio Compañía de María, Ferrol Caranza.
  • Colexio Compañía de María, Ferrol San Amaro.
  • IES Salvador de Madariaga, A Coruña.

 

Para levalo a cabo, desde o CPR Compañía de María da Coruña tivémonos que desprazar a distintas localidades. Un punto intermedio de encontro foi Santiago de Compostela:

 

Estas experiencias resultaron moi enriquecedoras e satisfactorias para nós polo interese mostrado por parte tanto dos docentes como dos alumnos. Desta forma, conseguimos sentar as bases do que será o funcionamento de Realiz-Arte.

Doutra banda, deseñamos con axuda dun profesional o noso propio BLOG. Nel publicamos información e elementos que van servir de apoio para os participantes. O primeiro deles foi o tema de debateDébense poñer límites á liberdade de expresión?.

 

 

Ademais publicamos documentos e evidencias que guiarán aos usuarios na formulación da devandita pregunta, por exemplo: tutoriales que facilitarán a realización das súas exposicións durante os debates. Aquí tedes un exemplo dun tutorial que gravamos:

 

Por último, adquirimos recursos e materiais audiovisuais e tecnolóxicos como cámaras, trípodes ou micrófonos que de agora en diante achegarán un maior atractivo e calidade aos produtos artísticos de Realiz-Arte.

Grazas a todas estas novidades, o comezo do ano supoñerá a materialización deste proxecto no que puxemos todo o noso esforzo e ilusión.