#proyectainnovación
Transformando realidades. Un museo de Arte Contemporáneo no IES As Barxas.
7 Febreiro 2017

Transformando realidades. Un museo de Arte Contemporáneo no IES As Barxas.

Luz Beloso y Mª José Soto, profesoras encargadas do proxecto "Transformando Realidades" gañador no III Concurso Proyecta Innovación, contanos os avances:

"En este primer trimestre del curso 2016-17 levamos a cabo as seguintes actuacións dentro do noso proxecto TRANSFORMANDO REALIDADES:

1.- MOAÑA 3D: iniciativa educativa, interdisciplinar e creativa que pretende concienciar, formar, divulgar e valorizar a paisaxe Moaña e a súa sustentabilidade a través da virtualización en 3D de determinados elementos naturais, culturais, artísticos, etc. Para iso organizamos un Taller de Iniciación á Fotogrametría no centro, impartido por Eloy Martínez, historiador, arqueólogo e experto en virtualización patrimonial, dirixido a profesorado e alumnado de 1º bacharelato; e realizado o mapeado 3D dalgúns elementos patrimoniais históricos, artísticos, etnográficos e naturais (Iglesia de San Martiño, Petroglifo de Rega Pequena, Cova da Lontra, Castro dos Remedios, Pazo do Rosal, Carpintería de Ribeira de Casqueiro....). Simultaneamente, o alumnado da ESO, dentro de diferentes materias (Sociais, Bioloxía, Plástica, etc) realizan fíchas-dossier que acompañan a cada modelo. Neste momento estamos renderizando os modelos con Blender e nuns días esperamos comezar coa súa publicación e difusión: inclusión en google maps, publicación de modelos en sketchfab, blogues, etc.. Destacar que esta actividade se ampliará aos centros de primaria, mediante a impartición de tallees dirixidos polos nosos alumnos.

 

2.- PROXECTO AUDIOVISUAL + ARTE: proxecto audiovisual dirixido polo departamento de plástica, no que realizamos traballos de temática social que implican a toda a comunidade educativa. Nunha primeira fase empezamos co estudo da linguaxe cinematográfica, planos, ángulos, encadre...e despois cada alumno e alumna elaborou un guión, baixo a supervisión do departamento de lingua. Pero só se realizan 6 curtos nun curso académico, así que este é o momento de elixir. Todos expoñen os seus guións en sesións de pitching, unha tendencia na comunicación e produción audiovisual, onde os guionistas compiten por captar a atención de produtores mediante a exposición directa das súas ideas, coa potencia e claridade das súas propostas. En breve comezaremos a rodar.

3.- ANIMACIÓN +ARTE: é o título dunha secuencia de actividades nas que tod@s podamos ver na animación unha fonte de motivación, e un gran recurso para a aula. A primeira delas deu como resultado o audiovisual "LORCA Y EL MAR", onde mesturamos ARTE, LORCA e MANGA, coa técnica de stop-motion. A captura de imaxes fíxose cos móbiles, utilizando aplicacións gratuítas e a edición con software libre.

 

Tamén estamos a traballar nunha intervención artística sobre violencia de xénero con realidade aumentada e animación, co alumnado de 3º ESO.

4.- SAFARTE: é o título da nosa liña de actuación dirixida ao desenvolvemento do emprendemento e a creatividade do alumnado, a través da detección de problemas/carencias en casa, o centro e o pobo e as posibles soluciones/oportunidades detectadas ao miralas con outros ollos. De momento destacar:

- Decoración de paredes externas do centro con pintura de brión e outras intervencións ecolóxicas

- Elaboración de paneis para exposicións

- Reestruturación da biblioteca.

- Proposta de xestión de pedidos para a cafetería.

- Elaboración de mobiliario a través de palés e outros obxectos reciclados

- Falta de accesibilidade en beirarrúas, comercios, etc.

- Proposta de intervención en espazos públicos: prazas, etc...

- Consumo responsable

- Spots contra Bulling

No seu bloge podes ver todalas iniciativas enmarcadas neste proxecto, un dos gañadores do III Concurso Proyecta Innovación:

 

  • #proyectainnovación
  • #proyectoseducativos