Titoriais e ferramentas para facilitar as leccións e o traballo docente de forma online
12 Agosto 2020

Titoriais e ferramentas para facilitar as leccións e o traballo docente de forma online

Seleccionamos tres ferramentas que facilitan o traballo docente de forma remota ou online. Unha delas é perfecta para a organización de tarefas fóra da aula (tanto para a xestión individual como colectiva) e outras dúas son ideais para que as túas alumos poidan seguir aprendendo desde casa: unha permite crear videoleccións e a outra itinerarios de aprendizaxe cunha imaxe de base.

 

ORGANIZACIÓN DE TAREFAS E XESTIÓN DE PROXECTOS:

Trello é unha ferramenta dixital que permite organizar o traballo e fluxos de traballo. Podes crear "equipos" (tarxetas), asignar tarefas, subir arquivos, enviar notificacións e mover as tarefas a diferentes columnas (por exemplo: "para facer", "en proceso", "finalizadas").

Máis concretamente, Trello permite:

  • Crear taboleiros e listas para organizar calquera proxecto no que estea a traballar.
  • Utilizar eses taboleiros individualmente ou convidar a compañeiros, alumnos ou pais a que colaboren.
  • Personalizar fluxos de traballo para distintos proxectos.
  • Engadir listas de tarefas pendentes en tarxetas.
  • Asignarse tarefas individuais aos alumnos.
  • Realizar comentarios sobre os distintos elementos.
  • Achegar arquivos de Google Drive e Dropbox.
  • Cargar fotos e videos.
  • Responder aos comentarios desde Android Wear.
  • Mostrar tarxetas nunha vista de calendario co Power- Up Calendario.
  • Traballar sen conexión e os taboleiros sincronizaranse automaticamente cando se volva a conectar.

Aquí tes un titorial no que che contamos como usar Trello:

 

APRENDIZAXE INTERACTIVA:

Existen varias ferramentas interesantes para crear videoleccións ou itinerarios de aprendizaxe. Neste caso falaremos de dous delas; Edupuzzle, que permite crear leccións interactivas unindo diferentes videos (propios ou da Rede) e Thinglink, que nos permite crear imaxes interactivas engadindo ligazóns, comentarios, videos etc. E desta forma xerar un itinerario de aprendizaxe.

 

VIDEOLECCIÓNS:

Edupuzzle é unha ferramenta que nos permite crear leccións en video. Podemos inserir preguntas para facer aos alumnos, a eles permítelles contestar (tanto con preguntas pechadas ou abertas) e a nós avaliar a adquisición de coñecementos. É moi interesante xa que permite crear listaxes de clases e asignar unha periodicidade na que deben realizar a actividade.

 

ITINERARIOS DE APRENDIZAXE EN IMAXES:

Thinglink é unha aplicación web que permite crear imaxes interactivas e con elas desenvolver itinerarios de aprendizaxe ou actividades para os alumnos.


Thinglink poderá enriquecer os teus apuntamentos e leccións incorporando contido progresivo en niveis con cada vez maior detalle. Engade imaxes, descricións, videos e audios aos teus mapas, aos teus esquemas, ás obras de arte a estudar, ou ás túas cronoloxías históricas... e compárteas con outros membros da comunidade educativa mediante unha simple url.

Esperamos que estas tres ferramentas seleccionadas resúltenvos de utilidade.

  • flipped classroom