Realidade Aumentada e Realidade Virtual non son o mesmo
21 Xullo 2017

Realidade Aumentada e Realidade Virtual non son o mesmo

Agora que se empeza a poñer de moda a Realidade Virtual en educación é importante aclarar os conceptos. Observamos certa confusión entre ambos, e non é para menos, pero en realidade a diferenza é moi sinxela:

Realidade Aumentada: proporciona novas formas de interactuar coa contorna. 

O mundo dixital móstrase na túa pantalla, os elementos físicos e tanxibles combínanse con elementos virtuais. En definitiva; unha fusión do mudo real e virtual.

Non se necesita máis nada que un dispositivo (smartphone ou tablet) que fusione ambas capas. Moitas veces tamén son necesarias unha especie de tarxeta cun QR que decodifican o elemento que imos visualizar. 

Realidade Virtual: protagonista dun novo mundo. 

O que ves convértese no teu mundo, un mundo completamente virtual. O mundo real desaparece por completo e, a través dunhas lentes, entras noutra realidade e convérteste en protagonista desa contorna.

Aquí podes descargarte as instrucións para fabricar as túas propias lentes de Realidade Virtual.

E aquí podes descargarte a aplicación que necesitas para que funcionen. 

Nesta infografía podes profundar sobre as diferenzas entre ambos os conceptos: 

Divergent Realities: VR and AR Infographic