Radio, programación e andainas no CEIP de Barouta
30 Maio 2019

Radio, programación e andainas no CEIP de Barouta

No CEIP de Barouta seguen traballando pola sustentabilidade e a concienciación. Durante o último trimestre deste curso desenvolveron diversas actividades orientadas a familiarizarse coa natureza, aprender a respectala e coidala.

RADIO ESCOLAR

Co obxectivo de facer especial fincapé no tratamento da linguaxe oral crearon o Taller de Oratoria, para fomentar competencias crave e a lingua galega: lingüística, dixital e aprender a aprender. O resultado deses talleres, aos que dedicaron tempo todas as semanas, traduciuse en multitude de podcast, programas de radio, entrevistas, exposicións orais, etc.

A través deas estes códigos QR móstrannos diferentes podcast relacionados co coidado da contorna e do centro:

Podcas_CEIP_Barouta

PROGRAMACIÓN CON SCRATCH

Tamén deseñaron e crearon un videoxogo relacionado coa reciclaxe. O xogo, con dous niveis de dificultade, consiste en clasificar diferentes obxectos e introducilos no contedor axeitado.

Neste vídeo podedes ver unha demostración realizada polos alumnos:

ANDAINAS DIDÁCTICAS

Co obxectivo de familiarizarse coa súa contorna máis próxima, coñecer o seu patrimonio material e inmaterial e desenvolver unha conciencia naturalista, os alumos do CEIP de Barouta percorreron varios roteiros recitando poemas de Rosalía de Castro; Camiño de Fisterra-Muxía e o roteiro de "Rego dous Pasos".

Bo traballo! Seguiremos atentos aos avances deste proxecto.