#proyectainnovación
Xogando aos oficios con Minecraft. Proxecto de Primaria
3 Febreiro 2017

Xogando aos oficios con Minecraft. Proxecto de Primaria

Din que a aprendizaxe no ser humano está intimamente ligada á capacidade para xerar emocións, e se hai un elemento que nos garante esa emoción é o xogo.  No noso centro fixemos da gamificación o noso aceno de identidade. Estamos afeitos a xogar. Os nosos cativos recoñecen deseguido ese espazo de xogo. Recoñecen que todos os xogos teñen un patrón cuns protagonistas, unhas regras, misións e retos que cumprir. O escenario é moi familiar. Agora o xogo chámase MINECRAFT, o xogo dos xogos, onde xuntamos creatividade e emoción, o xogo que coñecen e que lles encanta.

Minecraft é un videoxogo no que accedemos a un mundo virtual baseado en bloques, a inmensa maioría con forma de cubo. Non hai dous mundos iguais e todos son infinitos. Minecraft ten selvas, paisaxes nevadas, encoros e outeiros empinados, ovellas, pitos, vacas ou luras entre moitos outros animais. Permite diferentes posibilidades ao ser multiplataforma e poder ser xogado no modo un só xogador ou non modo multixogador. Podemos construír todo e destruír ou reconstruír todo.

Estamos pois diante dunha  ferramenta moi potente á hora de deseñar procesos de ensino-aprendizaxe baseados na inmersión, a motivación, a diversión, a exploración e a interactividade.

Neste proceso, o alumnado imaxina o que quere facer; crea un proxecto baseado nas súas ideas; xoga coas súas ideas e creacións; comparte as súas ideas e creacións con outros e reflexiona sobre as súas experiencias.

E que andan a facer os nosos Minecrafters Brozos neste momento? Pois andan moi ocupados a construir os seus mundos en torno aos sectores productivos.

En 2º EP cada nen@ escolleu a súa profesión dentro do sector primario: gandeiro, campesiño e pescador. Nun caderno individual recollen os retos numerados do 1 ao 10 dende o máis fácil ao máis difícil.  Por exemplo, Guille decidiu ser pescador e os seus retos van dende construír  a súa cabana ao bordo do mar ata construír un faro e un porto para os seus barcos. Superar o reto supón imaxinar e planificar a súa construción, recollendo todos os pasos no seu caderno, facela relidade e compartila co resto da súa aula para ser valorada polo grupo.

Do mesmo xeito nas aulas de 4º EP temos construtores, albaneis, artesáns cos seus propias retos, enchendo os seus cadernos.

En 6º o alumnado decidiu centrarse no sector turístico: En parellas están a deseñar un negocio: hoteis, zoo, aquapark, praia, casa rural non río, estación de esquí, distrito museo, restaurantes temáticos, parque de atraccións… que constrúen en modo multixogador. Todas as decisións son acordadas no equipo. Unha vez terminada a construción, deberan dar un salto os mundo da publicidade. Farán anuncios para radio, para a TV e a prensa escrita no terceiro trimestre.

E en que andamos os profes deste proxecto? Unha vez rematados os cadernos de traballo e as táboas de contidos curriculares, estamos a empezar o noso site e a nosa canle youTube onde subir o noso material.

 Podemos adiantar algunhas das consideracións despois de tres meses de MINECRAFT na aula:

  • Desenvolve a creatividade. En palabras de Einstein “Se o podes imaxinar, pódelo lograr”
  • Exerce un efecto positivo na socialización sobre todo en alumnos/as con necesidades educativas especiais.
  • Potencia o dominio das novas tecnoloxías e do razoamento espacial co uso de mapas e coordenadas.
  • Desenvolve habilidades sociais como o traballo en equipo, o respecto polos demáis, o compañeirismo porque ninguén pode quedar atrás e están obrigados a axudarse cando teñen un problema.
  • Favorece a capacidade para enfrontarse a problemas e planificar solucións e a toma de decisións.

Seguiremos xogando...

Noso canle de YouTube podes ver os avances do noso alumnado. 

  • #proyectainnovación
  • #proyectoseducativos