Imparte as túas clases online cunha ferramenta sinxela
18 Marzo 2020

Imparte as túas clases online cunha ferramenta sinxela

Neste post veremos unha ferramenta moi sinxela que permite impartir clases de forma remota ou online. Trátase dunha ferramenta gratuíta que temos todos os usuarios cunha conta de correo de Gmail: Google Meet (Hangout). Explicaremos paso a paso como crear unha videochamada e poder presentar á vez calquera contido seleccionado no ordenador. A ferramenta permite conectar ata 25 usuarios á vez, conta con saída e entrada de audio, vídeo e chat en texto.

 

Explicamos paso a paso como dar unha clase con esta ferramenta:

1) Abre o teu correo de Gmail (en caso de non ter, crea unha conta). Verás a túa bandexa de entrada e na esquina superior dereita un cadrado con cuadraditos máis pequenos. Fai clic aí e abrirase un desplegable co resto de servizos de Google que tes na túa conta. Debes buscar unha icona chamada Meet (NOTA: a cada usuario pódelle aparecer nunha posición diferente).

Google Meet - Hangout

    

 

ACTUALIZACIÓN: Desde o 05/05/2020 Google engade unha nova localización de acceso a Googel Meet facéndoa máis accesible desde a barra lateral esquerda da bandexa de entrada de Gmail. (Aínda que, polo momento, non está dispoñible para todas as contas de Gmail):

 

    

2) Entra en Meet: verás esta pantalla nada máis acceder. Fai clic na pestana que aparece en cor verde "Iniciar o unirse a una reunión"

 

3) Poñer nome á clase: unha vez iniciada aparecerache unha xanela na que podes poñer o nome que queiras á reunión/clase.

 

4) Acabas de crear a túa clase virtual! Agora toca unirse (botón verde "Unirme ahora") e convidar os alumnos.

[ Nesta imaxe ves as iconas dun micrófono e unha cámara sobre a pantalla en negro. O micrófono deberás telo sempre activado, en caso contrario (en mute) os teus alumnos non che escoitarán. Respecto ao de vídeo, se o activas ábrese a webcam, se non queres que che vexan podes desactivala. Máis adiante (Paso 6) veremos como compartir pantalla se o que che interesa é dar unha explicación sobre un contido dixital.]

 

5) Convidar aos teus alumnos a unirse:

Unha vez fixeses clic en "Unirme ahora" aparecerache unha xanela indicándoche a forma na que queres convidar a outros a unirse. Hai dúas opcións que detallamos a continuación:

1.- Copiar datos de acceso: Se fas clic aquí, os datos cópianseche inmediatamente ao portapapeles. Podes pegalos nun e-mail para enviar aos teus alumnos. Desta forma todos recibirán a ligazón para unirse á clase. Eles só terán que facer clic na ligazón para unirse, así de sinxelo!

2.- Engadir persoas: Se xa contas coas direccións de correo electrónico dos teus alumnos previamente agregadas na axenda de contactos, poderás engadilos directamente con esta opción xa que che aparecerán directamente para que só teñas que seleccionalas nas despregable "Sugerencias".

6) Mostra na túa clase calquera contido que teñas na túa pantalla:

Esta é unha forma moi útil para mostrar un contido na pantalla, que todos os alumnos poidan velo e á vez explicalo.

Na esquina inferior dereita da túa pantalla atoparás un botón chamado "Presentar ahora", desde aí poderás seleccionar as pestanas que queiras compartir.

* NOTA:

Outra vía para acceder a Google Meet (Hangout) e poder así impartir unha clase de forma remota (tal como acabamos de explicar), é facelo a través de Google Calendar, que tamén require dunha conta de correo electrónico en Gmail, e que che permitirá asignar hora e data á reunión/clase e incorporala ao teu calendario de Gmail.

 

Vexámolo tamén paso a paso:

1) Abre o teu correo de Gmail e fai clic na icona superior dereita dos cadrados. Despregaránseche os servizos de Google asociados á conta, e entre eles selecciona "Calendar":

2) Crea a túa reunión/clase na data e hora que desexes. Para iso, selecciona primeiro a franxa horaria na que desexas situar a clase/reunión (nas cuadrículas do calendario), e despois dálle ao botón superior esquerdo "Crear":

3) Asigna un nome á clase, axusta a data e a hora de inicio/fin, e engade aos invitados (alumnos) introducindo as súas direccións de correo electrónico:

4) Unha vez creada e convocada a clase, agora só queda unirte á clase na data e a hora estipuladas. Unha vez aquí, xa só queda compartir os teus contidos dixitais cos asistentes á reunión, falar e chatear con eles, etc.

 

Como sempre –e sobre todo se é a vosa primeira vez con Google Meet– recomendamos que antes de enviar unha nova convocatoria de reunión ou clase aos vosos compañeiros ou alumnos, fagades probas previas para familiarizarvos coa ferramenta e o que vos pode chegar a permitir para sacarlle o mellor proveito.

Veredes como resulta unha gran axuda para seguir impartindo as vosas clases de forma remota, ou para reunirvos con compañeiros, familiares, etc.