#proyectainnovación
Entrevista a Mª José Soto, profesora responsable do proxecto gañador do I Concurso Proyecta Innov
14 Agosto 2015

Entrevista a Mª José Soto, profesora responsable do proxecto gañador do I Concurso Proyecta Innov

Cóntanos, María José, Que supuxo para os alumnos este proxecto?

MJ: Os alumnos estiveron motivados e ilusionados dende o primeiro día, ao igual que o noso ámbito en xeral, o que os levou a destinar ao proxecto moitas horas fóra da xornada escolar. Traballaron en equipo, aprendendo a coordinarse e a resolver conflitos; realizaron unha aprendizaxe interdisciplinar e práctica de todas as competencias básicas, a través dun enfoque creativo e lúdico; e compartiron os seus resultados difundindo a cultura libre. Todo isto contribuíu a mellorar as súas relacións persoais e a súa autoestima, polo que xa están a pedir a continuidade do proxecto.

E para o centro escolar?

MJ: Puxo o IES ÁS BARXAS no punto de mira da comunidade educativa, recibindo a atención mediática, a visita do Conselleiro de Educación e a felicitación de profesionais como escritores, ilustradores, editores, etc.

Vemos que as TIC empregáronse de forma transversal en todo o proxecto. En que medida vos facilitaron as cousas as diferentes ferramentas que utilizastes?

MJ: Non podemos entender o futuro da educación sen as TICs, xa que son un recurso imprescindible na aula hoxe en día. No campo editorial utilizámolas para a escritura creativa (StorybirdZooburst..), maquetación, ilustración, difusión (blog, web, redes sociais..), animación, códigos QR, programación, actividades interactivas, xogos..

Poderías facer unha valoración persoal do proxecto?

MJ: O proxecto entusiasmoume dende o primeiro momento. Resultou moi motivador e emotivo, sobre todo pola resposta dos alumnos, o noso principal cliente, que nos seguiron dende o primeiro día, cunha enerxía que nos obrigou a destinar un gran número de horas fóra da xornada escolar. Permitiunos traballar as capacidades e habilidades de cada un a través da creatividade e o emprendemeento, demostrar que cada un ten as súas pero todas son válidas, e que xuntándoas se pode chegar a producir resultados tan bonitos coma estes.

Resultará difícil repetir unha experiencia como esta, xa que a implantación da LOMCE elimina o Taller de Iniciativas Emprendedoras de 3º ESO e recorta a carga horaria de TICs de Bacharelato á metade, polo que nos queda un sabor agridoce.

Agradecer novamente, á Plataforma Proyecta, a confianza depositada de parte de todo o equipo xa que dan visibilidade ao traballo de persoas, que como nós, cren que outra educación é posible.


Moitas grazas a ti e a todos os responsables e almunos implicados. Un traballo excelente!

 

Más información:

Para seguir a Barxilón, aquí podes ver a web completa do proxecto e seguir a Barxilón en Facebook.

Para ver todo o relacionado coa creación artística do personaxe e o libro podes consultar o blogue de Edu Plástica do IES As Barxas

Para ver o proxecto completo ver o blogue Barxas emprende, creación dunha editorial.

Canción de Barxilón: Aquí.

  • #proyectainnovación
  • #docentesinnovadores