Carreira Solidaria de MakerSchool
2 Maio 2017

Carreira Solidaria de MakerSchool

Como xa sabedes MakerSchool é a empresa solidaria do IES de Meaño, un dos proxectos gañadores da II Edición do Concurso Proyecta Innovación.

Este ano traballaron moi duro e agora tócalles poñer o broche final ao proxecto, e fano cunha carreira solidaria “Ponte en marcha, pasa el testigo solidario” . Están convidados todos os centros (profesores e alumnos) que queiran participar.

 

Ademais, durante esa xornada festiva,  queren tamén  compartir con todos o que aprenderon durante este ano. Realizarán talleres educativos sobre: robótica, impresión e modelado 3D, deseño 3D, xadrez e arte na nube.

Por se fora pouco todo o anterior, farán entrega do seu donativo á ONG seleccionada polos alumnos. Obtido da recadación da venda dos artigos deseñados por eles ao longo do curso. 

A ONG á que destinarán o seu donativo é a Asociación contra o Cancro (aecc)

Convidámosvos a todos a participar e a compartir con eles unha xornada cargada de sorpresas, deporte e aprendizaxe.

Parabéns pola iniciativa!

Máis información: www.makerschool.es