#proyectainnovación
Cadeiras de rodas solidarias no Colexio Hogar Afundación
21 Decembro 2017

Cadeiras de rodas solidarias no Colexio Hogar Afundación

Anxo Abalde, profesor responsable do proxecto, cóntanos os avances durante estes meses:

"Tras formar o grupo de voluntarios dos ciclos de Artes Gráficas, Electrónica e Mecánica, o primeiro paso foi avaliar o estado de cada cadeira de rodas. Sen máis dilación os electrónicos puxéronse coa parte eléctrica das cadeiras. Para nosa gran sorpresa, as seis cadeiras, cuns pequenos arranxos funcionan. Só necesitan baterías novas Que alegría levaron en Alento cando lles contamos que podiamos recuperar as seis cadeiras!

Aos poucos días fomos a visitar Alento. Alí coñecemos ao seu director, a todos os seus traballados e o máis importante aos seus usuarios. Puidemos compartir con eles momentos de pintura, serigrafía, traballos con coiro, abelorios….

Con gran ilusión despois de coñecer aos futuros usuarios das cadeiras de rodas, pasamos á fase de investigación Que lona podemos comprar? Que rodas? Sen non poucos problemas, despois de visitar moitas tapicerías e empresas de toldos, e facer probas no taller atopamos a lona perfecta! Pódese imprimir, cortar pola nosa máquina de corte por láser, coser cunha máquina normal de coser, témola de moitas cores…. As rodas non nos custou tanto, probamos con cámaras de bicicleta e funcionan!

Despois chegoulles a hora aos mecánicos. Dúas cadeiras necesitan pasar por pintura. Quitar óxido, unha manita de pintura e como novas!

Tivémonos que formar. Clases de Arduino, clases de vinilado, curso de Solidwork e impresión 3D, clases de publicación web…. Xa estamos listos! Xa temos impresora 3D! Puxémonos a deseñar os repousapés para imprimilos na impresora 3D Non vale calquera material! Usaremos PLA, usaremos ABS…..? Tocarnos facer probas.

NOTICIA! NOTICIA! Xa temos o primeiro prototipo do sensor traseiro da cadeira. Temos que facer probas e montalo nunha cadeira!"

Pola súa parte, os alumnos voluntarios que participan no proxecto, crearon este video para contarnos os seus primeiros pasos; labores de investigación, formación e primeiras formulacións e bosquexos: 

 

Parabéns a todos os implicados neste gran proxecto! 

  • #proyectainnovación