#proyectainnovación
Aprendizaxe baseada en Proxectos con Raspberry Pi
13 Xullo 2018

Aprendizaxe baseada en Proxectos con Raspberry Pi

O proxecto “Mans de Terra: A por la Frambuesa!” do CEIP Valle Inclán de O Grove foi outro dos proxectos gañadores do IV Concurso Proyecta Innovación.

Trátase dun proxecto que evoluciona doutro precedente chamado “Mans de Terra” que foi desenvolvido durante o curso 2016-2017 e no que, entre outras actividades, construíron un horto no centro, experimentaron con diferentes cultivos, e colaboraron cunha ONG.

Co proxecto “Mans de Terra: A por La frambuesa!” centrado na metodoloxía da aprendizaxe baseada en proxectos (ABP) e dirixido ao alumnado de infantil e primaria do centro, decidiron enriquecer o proxecto anterior cunha maior achega tecnolóxica, de programación e de robótica. 

Para iso, e grazas ao premio logrado no IV Concurso Proyecta Innovación, puideron financiar a adquisición dos Raspberry Pi (as frambuesas): uns dispositivos cun enorme potencial que lles abrirían unha infinidade de posibilidades para enriquecer e poñer en marcha o seu proxecto escolar durante o curso 2017-2018 que se chamou “Experimento VI: Ciencia e Tecnoloxía”. Ao longo deste proxecto, foron moitas as actividades teórico-prácticas que os alumnos realizaron tanto na aula como nas súas casas: aprenderon as funcionalidades dos dispositivos Raspberry Pi, construíron un computador desde cero, acudiron ao Stemlab Galicia a presentar o funcionamento destes dispositivos, aprenderon programación con Scratch, crearon unha estación meteorolóxica no centro, elaboraron sistemas de rega automática para o horto, documentaron e divulgaron os seus proxectos a través de canles online, etc.

O centro educativo ao completo implicouse neste proxecto competencial, incluídas as familias e organismos públicos, aínda que foron os alumnos quenes o fixeron especialmente como verdadeiros protagonistas activos e cooperativos da súa propia aprendizaxe.

Neste vídeo explícannos as diferentes actividades desenvolvidas durante as fases do proxecto:

Parabéns a todo o CEIP Vale Inclán do Grove e a todas as persoas implicadas neste interesantísimo proxecto de ABP!

Máis información no seu blogue.

  • #proyectainnovación
  • #docentesinnovadores
  • #proyectoseducativos
  • #actualidad