11 Xaneiro 2021

Ferramentas para gravar as clases en vídeo

Coa educación semipresencial ou a distancia que xa é unha realidade en moitos centros educativos por mor da pandemia, os docentes víronse abocados a utilizar multitude de ferramentas dixitais para impartir as súas clases via en liña dunha forma atractiva e práctica, adaptadas aos distintos niveis educativos dos estudantes.

As seguintes ferramentas resultan moi útiles para crear e editar clases en liña, pero tamén para gravalas e poder compartilas co alumnado ou subilas en diferentes plataformas.

  • #docentesinnovadores
23 Novembro 2020
Libros de pedagoxía para docentes

Libros de pedagoxía para docentes

Psicoloxía cognitiva, memoria, procesos de aprendizaxe ou modelos de ensino máis inclusivos. Estes libros sobre pedagoxía están dirixidos a docentes e tratan estes e outros moitos temas. Neles atoparán teoría, estratexias e actividades que poderán aplicar dunha forma práctica na aula co obxectivo de transformar o proceso de ensino-aprendizaxe.

2 Setembro 2020
Titoriais e ferramentas para facilitar as leccións e o traballo docente de forma online

Titoriais e ferramentas para facilitar as leccións e o traballo docente de forma online

Seleccionamos tres ferramentas que facilitan o traballo docente de forma remota ou online. Unha delas é perfecta para a organización de tarefas fóra da aula (tanto para a xestión individual como colectiva) e outras dúas son ideais para que as túas alumos poidan seguir aprendendo desde casa: unha permite crear videoleccións e a outra itinerarios de aprendizaxe cunha imaxe de base.

  • flipped classroom
1 Setembro 2020

10 aplicacións e ferramentas útiles para a volta ao cole

A volta ás aulas para os docentes supón organizar distintas tarefas, tanto propias como destinadas ao alumnado, que resultan esenciais para poñer en marcha o novo curso escolar.

As seguintes aplicacións, plataformas e ferramentas dirixidas ao profesorado resultaranlles útiles para organizar o traballo, xestionar o día a día na aula e avaliar aos estudantes.

  • #docentesinnovadores
26 Marzo 2020

Consellos para fomentar un ambiente de estudo e traballo axeitado na casa

Para adaptarnos canto antes á nova situación provocada pola pandemia do COVID-19, neste post abordamos unha serie de consellos (para docentes e alumnos principalmente, pero extensibles tamén a todos os membros da unidade familiar en situación de confinamento no fogar) baseados nas recomendacións e publicacións de diferentes expertos para fomentar un espazo de traballo/estudo axeitado na casa.

18 Marzo 2020

Imparte as túas clases online cunha ferramenta sinxela

Neste post veremos unha ferramenta moi sinxela que permite impartir clases de forma remota ou online. Trátase dunha ferramenta gratuíta que temos todos os usuarios cunha conta de correo de Gmail: Google Meet (Hangout).

Explicaremos paso a paso como crear unha videochamada e poder presentar simultaneamente calquera contido seleccionado desde o teu computador. A ferramenta permite conectarse ata 25 usuarios á vez, conta con saída e entrada de audio, vídeo e chat en texto.

24 Febreiro 2020

Memoria e emoción como base da aprendizaxe

Todo o que aprendemos, aprendémolo coa memoria. A memoria é a facultade que nos permite aprender (Héctor Ruiz, 2020). Ou, dito doutra maneira, non hai aprendizaxe sen memoria. Pero tampouco podemos separar aprendizaxe de emoción.