#noticias
Proyecta estará presente no Salón de Tecnoloxía para o Ensino SIMO EDUCACIÓN 2015
16 Outubro 2015

Proyecta estará presente no Salón de Tecnoloxía para o Ensino SIMO EDUCACIÓN 2015

Proyecta terá presenza en SIMO EDUCACIÓN 2015, un evento de referencia para o mundo do ensino no que cada ano preséntanse as últimas novidades tecnolóxicas relacionadas co ámbito docente.

Así, SIMO EDUCACIÓN 2015, que se celebrará en IFEMA (Madrid) do 28 ao 30 de outubro, inclúe entre as súas actividades e talleres o relatorio “PROYECTA: Apoiamos ideas que transformen as aulas”, na que intervirán Belén Ocampo, coordinadora xeral de proxectos da área educativa da Fundación Amancio Ortega, e Mª José Arrojo, subdirectora da Fundación Santiago Rey Fernández Latorre.

Ademais de expoñer os obxectivos e as distintas actividades dirixidas ao profesorado que leva a cabo Proyecta, a intervención incluirá a presentación dun concurso de ámbito nacional dirixido a premiar a innovación entre o profesorado que se convocará proximamente.

O relatorio “PROYECTA: Apoiamos ideas que transformen as aulas” terá lugar o venres 30 de outubro ás 11,30 horas na Sala Secundaria & Bacharelato - 5A29 de IFEMA.

Tedes toda a información sobre o evento SIMO EDUCACIÓN 2015 dispoñible na súa páxina web.

  • #noticias
  • #actualidad