#proyectainnovación
Gañadores do III Concurso Proyecta Innovación
14 Xuño 2016

Gañadores do III Concurso Proyecta Innovación

Presentamos aos gañadores do III Concurso Proyecta Innovación!

Tras a defensa dos 10 proxectos finalistas no VI Encontro InspiraTICs do pasado 26 de maio e tomando como referencia os criterios de valoración que constan nas bases do certame, o xurado decidiu premiar a 3 dos proxectos coas seguintes contías:

  • IES Celso Emilio Ferreiro, co seu proxecto “Empoléirate na Ciencia”, cunha contía de2.000€ correspondente co 100% do importe solicitado. Ademais, en función da valoración do xurado, as fundacións decidiron outorgar a este proxecto un premio extraordinario, por contía de2.000€, destinado exclusivamente a actividades de formación.
  • Proxecto “Xogamos aos oficios con Minecrat”, cunha contía de 3.500€ (30% do importe solicitado), do CEIP Ponte dos Brozos.
  • Proxecto “Transformando Realidades”, cunha contía de 3.500€ (30% do importe solicitado), presentado polo IES As Barxas.

Por último, e en consideración de accésit, recibirán un premio de 1.000€ os proxectos: 

  • Canal de TV para la divulgación científica”, presentado polo CPR Santa Teresa de Jesús.
  • PALE”, presentado polo Centro Esclavas del Sagrado Corazón de Jesús.
  • Buscando a Valle”, presentado polo IES Faro das Lúas.

Podes ampliar a información sobre os gañadores e a composición do xurado.

Desde a dirección da Plataforma Proyecta agradecemos a todos os centros educativos a súa participación neste III Concurso Proyecta Innovación. Esperámosvos na próxima edición.

  • #proyectainnovación
  • #proyectoseducativos