#actualidad
Consellos para o profesor do futuro
3 Novembro 2016

Consellos para o profesor do futuro

No #InspiraTICs7 do pasado 27 de outubro pedímoslles aos profesores que deixasen os seus consellos para o profesor do futuro.

Aquí podedes ver unha recompilación, que en realidade tamén son aplicables ao presente:

  • Os alumnos son o primeiro, antes que os contidos e a programación. Ponte no seu lugar e pensa se che gustaría ter un profesor así co que estás a facer e transmitindo.
  • Que continúes aprendendo do teu mellor libro "o teu alumno".
  • Mantén as ganas e ilusión por provocar emocións aos teus alumnos. Provócalles cada día, inspíralles e acompáñaos no seu paso pola escola.
  • Non te volvas tolo e segue tendo ilusión.
  • Colaboración entre todos. Aprender uns doutros. Non pecharnos nas nosas experiencias. Ver máis aló.
  • Ánimo! Isto é fermoso, emocionante. Algo novo cada día.
  • Procura constante e saber que para innovar non se necesitan cousas (medios tecnolóxicos, necesariamente), senón poñer en común inquietudes e creatividade.
  • Rompe con esquemas preestablecidos. Líbrate de ataduras. Abre a aula ao exterior.
  • Pescuda o que lle interesa aos teus alumnos. Ensínalles a aprender facendo. Ensínalles que todo é posible, que depende deles.
  • Entra en clase todos os días con ilusión e non a perdas nunca.
  • Tentar facelo mellor!
  • Apaixónate polo que fas. Goza cada día. Emociónache, divírtete, ... e así o farán os teus alumnos/as. Sorte!
  • Debemos ser profes: sen medo, con ferramentas do século XXI, sen presións curriculares, con máis liberdade para probar e moita risa, diversión, ...
  • Se feliz co que fas. Se feliz ensinando
  • Nunca perdas a ilusión. Escoita aos teus alumnos. Sorrí!
  • Emocionarte. Lanzarte a seguir o teu obxectivo. Que os alumnos e alumnas o pasen ben no cole.
  • Cambia o "chip". Manifesta interese. Soña e traballa polo soño.
  • Involúcrate, se feliz e fai felices aos teus alumnos/as.
  • Conta cos outros profesores. Non teñas medo a cambiar. Sei ousado/atrevido. Soña. Apaixónate cos alumnos. Con pouco faise moito. Mira fóra.
  • Nunca deixes de aprender, emocionarte e valorarte.
  • Ama o que fas.
  • Non te rendas, crea, comparte, innova... e sobre todo non te rendas. Hai dificultades no camiño, sáltaas.
  • Cárgate de paciencia e de ilusión! Loita polo que crees e goza desta estupenda profesión.

 

  • #actualidad
  • #InspiraTICs
  • #docentesinnovadores