#proyectainnovación
Centros galegos innovadores
12 Outubro 2016

Centros galegos innovadores

Comezamos polo IES de Meaño con MakerSchool, gañador de gañadores, cun proxecto que versa sobre a creación dunha empresa, que ten por unha banda, un marcado carácter solidario e, por outro, unha forte carga tecnolóxica a través dunha impresora 3D que empregaron para realizar obxectos que vender e, deste xeito, contribuír a un labor social.

 

 

Aula 2020, unha aposta do IES David Buján, pola ciencia e a tecnoloxía, debido á diminución do interese dos mozos por estas ramas, realizou unha aula de ciencias versátil que pode transformarse nun espazo para: interactuar e volver recuperar esa curiosidade no alumnado por esas temáticas.

 

 

O CPI Alcalde Xosé Pichel realizou un proxecto asentado sobre as bases da robótica e a programación, para que o alumnado sexa capaz de entender a realidade tecnolóxica que lles rodea, ademais de crear os seus propios produtos acordes a esa realidade.

 

 

Asibot, proxecto intercentros, realizouse co obxectivo de que os alumnos monten unha impresora 3D e, a través de exercicios guiados, resolveron diferentes retos propostos, ao mesmo tempo, que competiron por equipos entre os diferentes centros que participan. Deste xeito, contribúese ao desenrolo das habilidades e competencias dos alumnos para adaptarse ao século XXI.

 

 

Pola súa banda, o CEIP Ponte dos Brozos realizou un proxecto centrado na creación de videoxogos mediante a programación e o uso da gamificación como estratexia para motivar e incentivar ao alumnado.

 

 

Por último e non menos importante, o Marista Cristo Rey, levou a cabo o proxecto Maristápolis, unha aula que simula unha cidade con cabida para 60 habitantes, nos que os seus alumnos desenrolaron un traballo cooperativo para conseguir alcanzar e resolver as diferentes situacións da vida real e preparalos para o futuro.

 

  • #proyectainnovación
  • #proyectoseducativos
  • #docentesinnovadores